As persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal do alumnado poderá solicitar cantas aclaracións consideren oportunas sobre o proceso de aprendizaxe, as cualificacións ou decisións de promoción.
Se tras as oportunas aclaracións persiste o desacordo coa cualificación dunha materia ou coa decisión de promoción poderase solicitar por escrito a revisión da devandita cualificación ou decisión, no prazo de dous días hábiles, ou hábiles de ser o caso, contados a partir do día seguinte en que se produciu a súa comunicación.
A solicitude deberá conter cantas alegacións xustifiquen a desconformidade.
Se o desacordo persiste, unha vez comunicada a decisión adoptada, poderase presentar un novo escrito no centro, no prazo de dous días hábiles a partir do día seguinte a recibir a decisión, para unha reclamación ante a Xefatura Territorial.
Nos anexos adxuntos pódense descargar os modelos de reclamación ante o centro e ante a Xefatura Territorial.