2021/2022

AGRADECEMENTO BIBLIOAXUDANTES (22-06-2022)

   Unha das cousas que temos que facer hoxe que remata o curso é DAR  AS  GRAZAS  AOS  BIBLIOAXUDANTES!!

  Como sabedes, o alumnado de 4º, 5º e 6º participa no programa Voluntariado de Lectura - A  integrado dentro de Bibliotecas Escolares Solidarias dedicando algúns recreos a axudar na biblioteca: tarefas de organización, axuda aos compañeiros, lecturas, préstamos...     

  Este ano o programa tivo recoñecemento oficial co premio que lles foi outorgado; pero aínda así, desde o centro tamén queremos facer un pequeno acto de agradecemento entregándolles os diplomas correspondentes, as mochilas enviadas pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, uns agasallos de Lectuvín e as fotografías dos collages que fixeron no obradoiro con Mark Ritchie.

 

 

 
 
 
 
MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  LABOR  DURANTE  TODO  O  CURSO!!

 

EL MOSTRUO DE COLORES - 1º E 2º DE PRIMARIA (Xuño 2022)

 O alumnado de valores de 1º e 2º de Primaria estivo traballando as emocións co libro El monstruo de colores de Anna Llenas Serra.

 

 

   Neste libro, o monstro non sabe que lle pasa; fíxose un lío coas emocións e non sabe moi ben como se sente polo que ten que aprender a diferenciar a ledicia, a tristeza, a rabia, o medo e a calma e para iso, clasifícaas en botes de diversas cores.

 

 

 

    Se queredes saber máis sobre esta historia e coñecer de primeira man as emocións que sinte o protagonista, podedes ver o seguinte vídeo coa voz en off gravada na radio de Saúl, Xiana, Silvia, Leonor e Carla Martínez.

ESPERAMOS  QUE  VOS  GUSTARA  MOITO!!

 

 

O CLUB DE MAXIA - 3º e 4º de primaria (Curso 2021 - 2022)

    Ao inicio de curso abriuse a Academia Máxica para acoller aos novos aprendices a mag@s de 3º e 4º de primaria. Ao longo de todas as avaliacións  participaron no proxecto O club da maxia, no que tiveron que ir superando diversas tarefas que lles proporcionaron os contidos e habilidades necesarias para, a final de curso, conseguir converterse en verdadeiros mag@s!!
 
   Comezamos facendo a cerimonia de asignación a cada unha das casas de Hogwarts. Cada grupo tivo que ir resolvendo retos diarios que lles propoñía a Axencia de Magos, relacionados con contidos vistos ao longo do curso. 
 
   Unha vez que superaron estes retos, puideron comezar a prepararse para iniciar a súa carreira de maxia. Moitos foron os traballos realizados durante estos meses. Un deles, foi o Libro da Maxia, incluído xa na Maxiteca e, que pasará a formar parte da biblioteca do centro. Nel, o alumnado tivo que investigar a vida dos principais mag@s e ilusionistas da historia. 
 
    O seu traballo e esforzo ao longo de todo o curso deu os seus frutos e, por fin, poden dicir ben alto que:
SON MAGOS!!!!
 
NORABOA!!!!
 
 

Soamente aquel que cre na maxia é capaz de atopala! 

A MAXIA SODES VÓS!
 


PEQUENO AZUL, PEQUENO AMARELO (20 - 6 - 2022)

As alumnas da materia de Valores Sociais e Cívicos de 3º de primaria estiveron a traballar o conto Pequeno Azul e Pequeno Amarelo de Leo Lionni da editorial Kalandraka
 
 
 
É un conto clásico da literatura infantil que axuda a traballar valores como a amizade, a identidade, a liberdade e a multiculturalidade, entre moitos outros. 
 
Logo de pasar uns días traballando con el, Ada e Antía foron á radio a gravar o conto para compartilo con tod@s. Tamén gravaron un vídeo na mesa de luz na que interpretan as escenas máis importantes da historia. 
 
 
 
 
Botádelle unha ollada ao seu resultado. Esperamos que vos guste moito!!!
 
 
 
 
 

UNHA SESIÓN DE SOCIAIS DIFERENTE NA BIBLIOTECA (15 - 06 - 2022)

Como estamos chegando ao final de curso, durante as últimas sesións de Sociais o alumnado de 1º de Primaria estivo a repasar diferentes contidos vistos durante o curso dun xeito un pouquiño diferente. O tema elixido foi o sistema solar, o seu favorito!

Estivemos a repasar a orde dos planetas no sistema solar co taboleiro dos escornabots

 

 

Ademais, estivemos a fedellar co Merge Cube unha ferramenta física que nos permite coa axuda dunha aplicación de uso gratuíto (Merge Object Viewer) ver obxectos en 3D, empregando a cámara dun dispositivo electrónico. Grazas a el, o alumando aprenden ciencia e STEAM dun xeito máis práctico e interactivo. Estivemos a ver, os diferentes planetas, algúns astros como o sol e, incluso, os movementos de rotación e traslación. 

 

 

 

 

Claro está, que el@s teñen o universo nas súas mans!

 

PREMIO VOLUNTARIADO DE LECTURA A (09/06/2022)

      Este ano tivemos un gran equipo de biblioaxudantes!! 

     O alumnado de 4º, 5º e 6º  fixo tan bo traballo que fomos un dos 10 centros seleccionados no programa de Voluntariado A para recibir un obradoiro como premio!

 

 

     Os talleres que fixemos estiveron a cargo de Mark Ritchie (fotógrafo australiano que reside actualmente en Ourense) e consistiron na elaboración de imaxes mediante a técnica do collage con materiais variados: diferentes tipos de papel, transparencias, algodón, cartón, lá, fíos...

 

    O alumnado intentou construir imaxes asociadas ás bibliotecas, aos libros ou ás palabras facendo maquetas de libros, xogando coas formas e creando paisaxes reais ou irreais.

 

 

    Cando os collages estiveron elaborados fotografiáronse nunha caixa de luz cunha cámara réflex para que quede a imaxe como testemuña.


 
 

   Para ver máis fotos do obradoiro e o resultado do seu trabalo nos collages tan artísticos fixeron, clickade no enlace:

GALERÍA  DE  IMAXES

 

 

CERTAME DEBUXO E NARRACIÓN LETRAS GALEGAS - 2022

    Luís Fernández Guitián, o alcalde do noso Concello, entregou hoxe os premios do Certame de Debuxo e narración das Letras Galegas 2022 convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo a través das Bibliotecas Pública Municipais co lema O mundo que me rodea. Neste certame participa todo o alumnado de Primaria a través da materia de Plástica.

    Agora os traballos foron enviados a Lugo para participar na fase provincial.

NORABOA  AOS  GAÑADORES/AS!!

 
 
 

 

CLUB DE LECTURA - VISITA Á FUNDACIÓN BELARMINO FERNÁNDEZ IGLESIAS (2-06-22)

    O novo libro que estamos lendo para rematar o curso é  Aventuras y desventuras de los alimentos que cambiaron el mundo, escrito por Teresa Benéitez e editado por A fin de cuentas; un libro informativo que fala de alimentos moi coñecidos que forman parte da dieta de todos nós pero que, aínda que pareza mentira, non sempre se cultivaron en todo o mundo: trigo, arroz, pementos, café , tomate...

        A cada alimento dedícanselle catro páxinas nas que aprenderemos sobre a súa orixe, zonas de cultivo, perigos que lles afectan, receitas, citas de autores, datos científicos... e o que nós fixemos para esta sesión foi repartir en parellas os alimentos que forman a primeira parte do libro: alimentos levados a América; para que cada grupo fixese unha pequena exposición ao resto de membros do club e así aprender sobre todos estes ingredientes.

 

 
 
     Da man deste alumnado, aprendemos moitas cousas sobre o trigo, o olivo, o arroz, a vide, o café, a caña de azucre, o plátano e a pementa; e case todos con algo en común: o seu principal risco é o cambio climático, o quecemento global, as plagas derivadas destes... se cadra, deberiamos reflexionar sobre isto!
 

 
   Despois de falar tanto dos alimentos, fixemos unha visita á Fundación Belarmino Fernández Iglesias, a Escola de Hostalería e Turismo de Sober. Alí recibiunos David Cidre, mestre de cociña, que nos eninou a facer galletas de cacahuetes. 
 
      Despois de lavar ben as mans e poñerse os mandís, lemos a receita para saber que ingredientes necesitabamos repasando o que xa sabiamos sobre eles e aprendendo sobre os que non sabiamos como a vainilla.
 
 
 

 
    A continuación comezamos co proceso: acadar textura de pomada para manteiga e mesturala co azucre.
 

   
Incorporar a manteiga de cacahuete, os ovos, a vanilla e bater.
 

 
Engadir a fariña e o bicarbonato tamizados e mesturar.
 
 
 
Mentres deixamos repousar a masa, aproveitamos para facer unhas fotos de grupo.
 

 
Coa masa repousada e refrigerada, facemos bólas, máis ou menos do mesno tamaño, que colocamos en bandexas para meter ao forno a 180º, 10 ou 15 minutiños.
 
 
 
Pero a aprendizaxe de hoxe non quedou aí; así que mentres esperabamos que as galletas estivesen listas, Lara Álvarez, mestra de sala, e algúns alumnos ensináronnos a preparar un cóctel sen alcol e un riquísimo batido de chocolate.
 

 

 
Para o cóctel comezamos escrachando o vaso con Granadina e azucre

 

 

Despois servimos máis granadina e zume ao gusto; pero sempre botando por riba do xeo para que non se mesturen os dous líquidos.

 

Para rematar, adornamos con cítricos.

 
 
 
 
 
 
Para o batido de chocolate, mestúrase leite e xeado de chocolate ao gusto de cada quen.
Sérvese sobre uns vasos con sirope de chocolate no fondo.
 

 

Namentres nós faciamos as bebidas, as galletas xa saíran do forno e estaban listas.
Só nos faltaba comer... Probas superadas!!

 

   Antes de marchar, quixemos deixarlle aos mestres e xs alumnxs que nos acompañaron un agasallo por ternos dedicado este ratiño do seu tempo. Entregámoslles un exemplar do libro que nos levou ata aquí e un recordo da nosa biblioteca con Lectuvín como protagonista.

 
 
  Ao rematar o obradoiro de cociña, volvemos para o cole onde comemos todos xuntos no pavillón e tivemos un ratiño de xogos.
 
 
 
MOITAS  GRAZAS  A  TODOS  OS  MESTRES  E  MESTRAS  DA  ESCOLA  DE  HOSTALERÍA  E  O  ALUMNADO  QUE  NOS  ACOMPAÑOU!!!
 
 

LETRAS GALEGAS 2022: COLABORANDO CON OUTRAS BIBLIOTECAS

     Como sabedes, a nosa biblioteca e a BPM de Sober, formamos parte dunha agrupación de bibliotecas públicas e escolares da Comarca de Lemos: o Colectivo Lemos Le.
 

     Este ano quixemos homenaxear a Florencio Manuel Delgado Gurriarán ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas, elaborando un vídeo no que poderedes descubrir varios datos sobre a súa biografía e ver os videopoemas elaborados por diferentes bibliotecas do colectivo.

     A nosa aportación ao vídeo podedes vela nos minutos iniciais nos que o alumnado de 4º e 6º de Primaria fai a presentación e achéganos á vida do autor con pequenas pinceladas da súa biografía; e no poema Cantiga da vindima recitado polo alumnado de 3º e 4º de Primaria.

 

 

 

Distribuir contido