2020/2021
GRAZAS BIBLIOAXUDANTES (21-06-2021)
Non queda case nada para que remate o curso e unha das cousas que temos que facer antes de que o 2020-2021 chegue ao seu fin é: DAR AS GRAZAS AOS BIBLIOAXUDANTES!!
Os/As biblioaxudantes forman parte do programa Voluntariado de Lectura - A integrado dentro de Bibliotecas Escolares Solidarias e durante o curso dedican varios recreos a tarefas relacionadas coa biblioteca: préstamo, devolucións, organización, axuda aos compañeiros, lecturas...
Este ano, como na biblioteca tamén se respectaban os grupos burbulla, non podían coincidir co alumnado doutros cursos; por iso, ademais de biblioaxudantes de 5º e 6º , tivemos por primeira vez biblioaxudantes de 4º de Primaria que o fixeron moi ben!!
ZANA Y DANTE, LA ZANAHORIA Y EL GUISANTE (18/06/2021)
Esperamos que vos guste moito!
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE (5-06-2021)
O 5 de Xuño foi proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1972 o Día Mundial do Medio Ambiente coa finalidade de sensibilizar á poboación mundial sobre a importancia de coidar a natureza, de respectar os ecosistemas e de fomentar o respecto ao medio ambiente; obxectivos que tamén forman parte de Axenda 2030.
Nós quixemos destacar a importancia da regla das 3R: Reducir, reciclar e reutilizar facendo entre todo o alumnado do centro unhas fermosas bolboretas con materias de refugallo: rollos de cartón, botes de vidro e botellas de plástico.
MIRADE QUE FERMOSAS QUEDARON!
PARA SABER MÁIS NON VOS OLVIDEDES DE PASAR
POLO PUNTO DE INTERESE DA BIBLIOTECA!!
PLAN DIRECTOR (3-06-2021)
Cada ano Ramón Peña (membro da Garda Civil experto en riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais e o uso e abuso dos videoxogos) leva a cabo unha formación educativa co alumnado de 5º e 6º de Primaria dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGUIRDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS.
Nesta ocasión as sesións foron a través de videoconferencia e nela participaron varios centros da provincia abordando temas como roubo de datos persoais, seguridade de contrasinais, xogos en rede, cyberbulling, grooming...
E recordándolles a importancia de dar a coñecer calquera problema que poida xurdir avisando aos pais/nais, aos mestres/mestras ou chamando aos teléfonos de axuda:
062 - 900116117
CREAcción: ESTAMOS DE NORABOA!
Para conmemorar o Día do Libro a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia promoveu a realización de accións creativas baixo o lema CREAcción.
Pois ben, estamos de NORABOA PORQUE...
A NOSA PROPOSTA FOI UNHA DAS 20 SELECCIONADAS!!
LETRAS GALEGAS 2021: PREMIOS CERTAME
Desde a biblioteca facemos cada ano un certame de investigación entre o alumnado de Primaria sobre o escritor/a ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Pero este ano tivemos unha novidade, o certame foi a través da aula virtual de xeito que cada alumnx que quería participar tiña que entrar na aula virtual e resolver as probas correspondentes.
NORABOA A TODXS XS PARTICIPANTES!!
LETRAS GALEGAS 2021: ACTIVIDADES MANIPULATIVAS
Para rematar a Semana das Letras Galegas propuxémoslle ao alumnado un par de actividades manipulativas.
A primeira opción era crear un mini libro que recolle os principiais datos da biografía de Xela Arias elaborado por @amestracris e publicado no seu blog (se queredes facelo, podedes descargalo do enlace)
Outra opción era un comecocos con preguntas sobre Xela Arias, este comecocos foi publicado na páxina do Seminario Galán:
LETRAS GALEGAS 2021: DARÍO A DIARIO
Seguimos traballando a figura da poeta Xela Arias á que se lle adica o Día das Letras Galegas 2021.
Hoxe achegámonos á súa obra a través de 3 poemas do seu libro Darío a diario , un libro de poemas dedicado ao seu fillo, que ofrece a súa visión da maternidade.
Le atentamente o poema que eleximos para a túa clase e despois proba a facer a proba do concurso de hoxe:
1º E 2º PRIMARIA |
3º E 4º PRIMARIA |
5º E 6º PRIMARIA |
Para rematar a publicación de hoxe queremos compartir o vídeo musical Hasme oír do grupo A banda da loba no que se cantan varios versos de diferentes poemas desta obra.
LETRAS GALEGAS 2021: BIOGRAFÍA XELA ARIAS
Este ano o Día das Letras Galegas dedícase a Xela Arias ; para coñecela mellor, durante esta semana faremos diferentes actividades arredor da súa biografía e a súa obra.
Comezamos por un genially elaborado polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega de diversos coles a través do que coñeceremos os principais datos da súa biografía.
Que vos pareceu a súa biografía?
Agora para ver se aprendéstedes moito, ide ao seguinte enlace da aula virtual para comezar co noso
Concurso das Letras Galegas 2021 .
E se non lembras algo, sempre podes volver a ver o genially para atopar a resposta...
OS NOSOS SISTEMAS SOLARES (05-05-2021)