2019/2020
TROITIÑA
Presentámosvos o novo conto infantil "TROITIÑA" do autor monfortino Antón Valcarce editado por Agrasar Editores.
Este conto narra a historia dunha pequena troita chamada Troitiña e da súa viaxe vital polas augas do Sil mentres fala de valores de respecto á natureza e aos nosos ríos.
Ademais o que o fai máis importante para nós é que está ilustrado por nenos e nenas do colexio a través do programa "Merendas con contos" da Biblioteca Pública Municipal.
O libro inclúe tamén unha cancionciña feita polo autor coa súa partitura para acompañar á lectura; e isto resúltanos un pouco triste porque é unha canción que pensabamos gravar co alumnado do colexio para incluír nun CD pero chegou o confinamento e a gravación resultou imposible para a data programada... a ver si para o próximo curso podemos facer unha gravación aínda que quede para nós.
LA VOZ DE GALICIA, LEMOS (25/6/2020) |
EL PROGRESO (12/06/2020) |
O NOSO PATRIMONIO - Proxecto INEIN (10/06/2020)
Na materia de Investigación e tratamento da información de 4º e 6º de Primaria estabamos a desenvolver antes do confinamento un proxecto conxunto co Concello de Sober sobre o noso patrimonio.
Neste proxecto pretendiamos que o alumnado investigase sobre diferentes monumentos do concello e elaborase un vídeo explicando as características principais de cada un deles e incluso das lendas que os rodean para o que se desprazarían ao monumento coa técnica de turismo municipal.
Despois o Concello de Sober encargariase de colocar en cada monumento unha placa cun código qr para que os turistas que veñen a visitar a Ribeira Sacra puidesen acceder ao vídeo elaborado polo alumnado; deste xeito pretendiamos por en valor o patrimonio entre o alumnado e darlle visibilidade ao seu traballo.
Pero... chegou o confinamento e o proxecto quedou sen rematar aínda que os alumnos/as seguiron investigando e presentaron a súa investigación telemáticamente.
Polo seu esforzo queremos compartir as súas investigacións e deixamos pendentes as gravacións dos vídeos para o próximo curso:
TRABALLO DE PABLO PÉREZ FREIRE |
TRABALLO DE HUGO FERNÁNDEZ PRADA |
TRABALLO DE XOÁN PÉREZ FERNÁNDEZ |
TRABALLO DE LUCÍA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ |
TRABALLO DE X. SENÉN HERNÁNDEZ RODRÍGUEZ |
TRABALLO DE ADRIÁN LÓPEZ REINA |
TRABALLO DE LUCAS RODRÍGUEZ FREIRE
TRABALLO DE LAURA GÓMEZ GRANDE |
AS PITAS BAIXO A CHOIVA - LETRAS GALEGAS 2020
Despois de varios días falando desta data... HOXE É O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!
Desde o colexio non queriamos perder a oportunidade de facer algo propio para esta conmemoración pese á situación actual na que nos encontramos; por iso, decidimos pedirlle ao noso alumnado un debuxo ou unha foto para a nosa versión do conto As pitas baixo a choiva.
Este conto narra un feito anecdótico da infancia do autor que un día descobre desde a fiestra da súa casa que as pitas estanse mollando pola choiva e decide saír e facelas entrar ao galiñeiro para que non se acatarren; pero... ao final... todos os membros da familia acaban mollados como pitos!!
O vídeo elaborado coa voces en off de tres alumnos voluntarios de 6º de Primaria (Senén, Pablo e Laura) e coas ilustracións e fotografías dos alumnos e alumnas que quixeron participar pero tamén coas ilustracións do libro orixinal xa que a editorial Émbora compartiu o conto a través do seu Proxecto Educativo.
Esperamos que disfrutarades moito deste vídeo-conto e coma sempre, dar as grazas a todo o alumnado que participou e as súas familias por responder a esta iniciativa.
Para rematar, deixámosvos dous puntos de lectura que fixemos a partir das caricaturas dispoñibles no Seminario Galán por se queredes imprimilos e colorealos.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!
LETRAS GALEGAS 2020 - RICARDO CARVALHO CALERO (Biografía e actividades)
Este domingo 17 de Maio celébrase o Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
Para empezar a coñecelo propoñémosvos que vexades este vídeo sobre a súa biografía elaborado polo alumnado do Colexio San Pío X de Ourense.
Despois podedes facer os seguintes xogos on-line propostos polo Seminario Galán, cada un facede click na imaxe correspondente ao voso nivel:
Nas primeiras preguntas o alumnado de infantil necesitará algo de axuda, pero nas seguintes poderán facelo sós xa que son xogos de arrastrar, encaixar, unir... |
LETRAS GALEGAS 2020 - RICARDO CARVALHO CALERO
Este domingo 17 de Maio celébrase o Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
Para empezar a coñecelo propoñémosvos que vexades este vídeo sobre a súa biografía elaborado polo alumnado do Colexio San Pío X de Ourense.
Despois podedes facer os seguintes xogos on-line propostos polo Seminario Galán, cada un facede click na imaxe correspondente ao voso nivel:
Nas primeiras preguntas o alumnado de infantil necesitará algo de axuda, pero nas seguintes poderán facelo sós xa que son xogos de arrastrar, encaixar, unir... |