Detecti5º/6º

DETECTI 5º - 6º. RETOS FINAIS (12 - 4 - 2019)

   A axencia de detectives de 5º e 6º, chega ao seu fin por este curso cos dous últimos retos.
 
O último prantexado nas aulas era o reto nº 11, un reto de lóxica.
 
 
    E o reto definitivo, fíxose o último día antes das vacacións coa axuda de todos os nenos e nenas do colexio. Se lembrades, ese día fixemos un circuíto con diferentes probas polas que todo o alumnado repartido en grupos tiña que pasar: escornabots, lecturas, carreira de ovos, poesía, carreira de sacos, poñerlle a cola ao coello, tangram e carreiras con globos.
 
   Por cada proba superada, o grupo conseguía un par de pezas dun quebracabezas e sendo capaces de montalo, encontraban o reto final:
En Melilla hai tres,
en Madrid ningunha
e en Castela e Galicia unha.
Que é?
   
    Á solución deste reto dáballes tamén a ubicación do tesouro que consistía nun ovo de Pascua para cada membro do equipo.
 
    Queredes saber a solución de ambos retos? Pois escoitade atentos!

   Para rematar esta actividade todos os participantes recibiron un agasallo da impresora 3D cun deseño de Sherlock Holmes de  RunningUtes ao que lle quitamos a pipa e lle engadimos unha lupa e o texto Detecti 5º ou Detecti 6º.
 
 
   Os alumnos que, ademais de participar, conseguiron resolver 10 ou máis retos levaron como premio o libro Abremente da Editorial Catapulta correspondente ás súas idades; un libro para aprender e divertirse con preguntas e respostas desafiantes e entretidas.
 
ATA  O  PRÓXIMO  CURSO, DETECTIVES!!

 

DETECTI 5º - 6º. 10º RETO (28 - 3 - 2019)

    Non podía faltar neste programa un desafío relativo a algo que estamos manexando diariamente e que os nosos alumnos traballan nos seus currículos de matemáticas: os euros.
 
 
   Aínda que máis que matemático, este reto era de darlle voltas á nosa cabeciña e chegar a unha solución lóxica que podedes escoitar e coñecer nas voces dos nosos detectives:

 
   E para a próxima semana, outro reto de lóxica.
A ver se sodes quen de resolvelo!! 
 

 

DETECTI 5º - 6º. 9º RETO (21 - 3 - 2019)

   Parece que o reto desta semana foi bastante complicado porque era unha pregunta moi aberta con diversas posibilidades:
 
    
 
   Se queredes coñecer a resposta podedes escoitar o noveno programa do noso reto de detectives:
 

 
E para a próxima semana, xa sabedes... un reto de euros!!

 

DETECTI 5º - 6º. 8º RETO (7 - 3 - 2019)

O reto desta semana estaba relacionado co corpo humano e as ciencias naturais.
Que tal se vos deu?
 

 

Se atopástedes a resposta... Perfecto!
 E se non... non vos preocupedes, podedes escoitar o noso programa!
 

 
Agora xa sabedes... non vos olvidedes da importancia de beber auga e mantervos ben hidratados!
E para a próxima semana...
 
 

DETECTI 5º - 6º. 7º RETO (28 - 2 - 2019)

 Que tal investigadores?

Déstelle á cabeciña para averiguar o reto da semana pasada?

 

 

Pois xa temos a resposta no noso programa de radio:

 

 Non era tan difícil, non?

 Unha das perosas era pai e fillo é vez; así que en realidade había tres persoas:

una avó, un pai e un neto!!

 Para o reto da próxima semana, un pouco de ciencias naturais!

 

 

 

DETECTI 5º - 6º. 6º RETO (21 - 2 - 2019)

Recordades o reto da semana pasada?
 
Pois xa temos solución!
Escoitade atentos!

 
Noraboa aos investigadores que deron coa solución!

O semáforo instalouse por primeira vez no parlamento británico de Wetminster,
 
obra do enxeñeiro J. P. Knight,
 
especialista en sinais de ferrocarril.
 
Comezou a funcionar o 10 de decembro de 1868 pero só pola noite e coas cores vermello e verde.
 

Agora xa podedes empezar a pensar na seguinte pregunta
que non é tanto de investigar como de pensar.

DETECTI 5º - 6º. Quinto reto

Que tal investigadores?
Resultouvos moi difícil o reto da semana pasada?
 
 
    A verdade é que descubrir a resposta a esta pregunta é algo moi interesante porque mestura historia con lenda combinando á vez familia, poder, traición...
 
  Queredes saber máis? Pois escoitade atentos a Aitana e Laura Rodríguez.
 

 
 
E agora pasamos ao próximo reto que se refire a un feito moito máis reciente?
 
 

DETECTI 5º/6º. SEGUNDO RETO (24/01/2019)

Recordades o segundo reto plantexado a semana pasada?
Pois xa temos  aquí a solución:
 

    As bandeiras son pezas de tea rectangulares con franxas de cor, escudos ou imaxes simbólicas que se empregan como insignia dun país, un equipo, unha dinastía... 
 
    En principio eran sinais militares que identificaban os grupos de soldados e distinguían aos compañeiros dos enimigos.


E agora... listos para seguir investigando??
 
 
Esperámosvos  a  próxima  semana!!
 

DETECTI 5º/6º. PRIMEIRO RETO(17/01/2019)

Como recordaredes, a semana pasada presentamos este concurso e o seu primeiro reto:
 
 
Pois ben, xa temos a resposta correcta!
Queredes sabela? 
Escoitade aos nosos investigadores
 

Agora xa o sabedes:
 
   En 1665, o científico e arquitecto británico Robert Hooke examinando unha capa delgada de corcho a través dun microcospio que el mesmo inventou, encontrou gran cantidade de pequenos espazos con forma de panal de abella e chamoulles "celdillas" o que acabou derivando en "células"
 
Listos para o novo reto??
 

Esperámosvos  a  próxima  semana!!

DETECTI 5º/6º

    O ano novo tróuxonos novas actividades, unha delas o concurso Detecti 5º/6º: Axencia de detectives, un concurso semanal co que trataremos de mellorar a capacidade de investigación dos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria.
 
 
  Cada semana presentarase un reto ou pregunta que estes alumnos deberán investigar. Cando teñan a  resposta deixarana no sobre de solucións e as profes comprobarán se é correcta e se acadan ou non o punto correspondente ao desafío.
 
 
  Na seguinte semana daremos a coñecer a resposta correcta a través de Radiuvín e propoñeremos o seguinte reto.
 
 Estades listos para comezar a investigar??
 
Pois aquí deixamos a primeira pregunta
 
 
 
MOITA  SORTE  A  TOD@S!!
 
 
Distribuir contido