Noticias
BIBLIOAXUDANTES NA PRENSA (13/11/2022)
Con motivo da celebración da Xornada de bibliotecas escolares de Galicia deste curso que se celebrou en Santiago o 12 de novembro, o xornal El Progreso publicou un artigo no que falan dos nosos/as biblioaxudantes.
VISITA DE ROMÁN RODRÍGUEZ, CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
Román Rodríguez González (Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade) estivo hoxe no noso centro educativo acompañado de María Carmen Gueimunde González (Xefa Territorial), de Raquel Arias Rodríguez (Parlamentaria e ex-alcaldesa do noso Concello) e de Luis Fernández Guitián (Alcalde do Concello de Sober e Presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra) para presentar as obras de mellora de eficiencia enerxética que realizará a Consellería no colexio dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica por valor de 260.400 €: renovación de ventás e persianas, cambio de fluorescentes por luminarias LED, substitución dos radiadores de chapa por outros de aluminio, instalación de tarima flotante no salón de actos e a colocación dunha rampla de acceso para mellorar a accesibilidade ao centro.
Para rematar esta visita o Conselleiro e o noso alcalde pasaron polos estudos de Radiuvín onde Lucía Rodríguez e Lucas Rodríguez puideron facerlles unha entrevista na que falaron das obras pero tamén de moitos outros temas: a escola rural, a importancia da cultura e das bibliotecas, as súas profesións, as escavacións de Proendos... Podedes escoitar toda a entrevista no seguinte podcast:
Ademais queremos compartir as verbas que Román Rodríguez nos adicou no libro de firmas xa que son verbas que inclúen tamén ás nosas familias.
Se queredes ampliar a información desta visita, podedes acceder á reseña publicada na páxina da Xunta de Galicia.
Román Rodríguez destaca o compromiso da Xunta co ensino rural |
Imaxes: Xunta de Galicia
RESEÑAS PRENSA: XVI CONCURSO CONTOS SOLIDARIOS.
La Voz de Galicia, 17 - 12 - 2019
|
Fragmento do programa Voces de Lugo coa entrevista a Flora Grande |
|
ENTREGA DE PREMIOS - SELFIE LIX GÁLIX (12/6/2019)
Foto GÁLIX |
Foto GÁLIX |
DÍA DO LIBRO INFANTIL. PREMIOS SELFIE LIX (5/6/2019)
XUBILACIÓN JOSÉ MANUEL (18/11/2017)
Con motivo da xubilación do noso director, creamos un libro no que quixemos resumir os seus 40 anos na dirección do colexio e que levase un recordo do alumnado que estivo o seu último curso lectivo no centro.
Algúns nenos fixeron debuxos, outros poesías, dedicatorias, banda deseñada, contaron anécdotas da súa relación con el... en fin, un libro no que quixemos transmitir os nosos sentimentos e o noso desexo de que, a pesar da súa xubilación, poidamos seguir contando con el, coa súa presenza, os seus consellos e a súa experiencia que nos serven de exemplo a todos os que tivemos a sorte de traballar ao seu carón
Se queredes velo, só tedes que clickar na imaxe
XUBILACIÓN JOSÉ MANUEL (18/11/2017)
O sábado foi o xantar de xubilación de José Manuel López Santos quen foi o noso director durante 40 anos, desde 1977 ata 2017 aínda que xa estaba no centro desde 1975.
Con este xantar queriamos rendirlle homenaxe pola súa labor educativa neste colexio e para iso xuntámonos case 200 persoas entre amigos, profesores, ex-profesores, alumnos, ex-alumnos e outro persoal do centro.
Presidindo o acto estaban José Manuel e a súa familia, o alcalde de Sober, o alcalde de Monforte, a deputada Paula Vázquez, a nosa directora e D. Pedro Gómez inspector de educación xubilado que viña representando ás autoridades educativas que non puideron asistir.
Despois do xantar tivemos un momento musical que serviu para amenizar a xornada no que incluso participaron algúns dos asistentes ao evento.
Posteriormente foi o momento de adicarlle unhas verbas a José Manuel e entregarlle uns agasallos. Comenzaron algúns alumnos do colexio representando aos seus compañeiros e a ex-alumnos nun discurso elaborado polos membros da ANPA.
No seu discurso o alcalde de Sober, Luis Fernández, lembrounos non só a súa valía como director senón tamén outras facetas que desenvolveu no concello: foi tenente alcalde durante unha década, organizador da Feira do Viño, deseñou a Praza do Toural, inventou o montacargas sobre raíles que hoxe se utilizan en moitos viñedos da Ribeira Sacra e, ata o escudo de Sober é da súa autoría.
Nas seguintes imaxes podemos ver momentos deste discurso e a entrega dunha peza de alfarería e dunha insignia do escudo de Sober en prata.
A seguinte en falar foi a nosa directora Montse representando aos profesores e ex-profesores que con el traballamos. Na súa intervención tivo palabras de agradecemento destacando non só a súa labor como director durante a cal sempre facilitou as iniciativas do profesorado e animou a todos os compañeiros apoiándoos no desenvolvemento do seu labor docente á vez que fomentaba un excelente clima de traballo; senón tamén a súa labor como docente, como impecable xestor do centro e a súa valía persoal como compañeiro, así como a súa disposición a arranxar o que fixera falta. Este recoñecemento quedou recollido na placa que se lle entregou.
De seguido foi a quenda de D. Pedro Gómez quen, como inspector que foi do centro, destacou o compromiso de José Manuel como director e incluso nos contou algunha anécdota acontecida nesa etapa.
A continuación José Manuel foi o que tomou a palabra para agradecer as mostras de cariño e recoñecemento recibido así como o apoio e a comprensión da súa familia nestes anos.
Por último a súa esposa María Jesús, adicoulle un texto literario máis persoal e moi agariomoso.
Para rematar, José Manuel fíxose unhas fotografías cos asistentes en recordo desta xuntanza que resultou moi emotiva xa que durante estos anos moitos foron os momentos e as experiencias vividas xunto a el.
(Algunhas das imaxes son de Luis Conde e Germán López Quiroga)
ENTREVISTA AO NOSO DIRECTOR EN ONDA CERO - MONFORTE (27/02/2017)
Estos días non lectivos de entroido, a periodista Manola Porto, aproveitou para facerlle unha entrevista ao noso director sobre a súa labor docente.
DESPEDINDO A SONIA (24/02/2017)
Hoxe, además do desfile de entroido, foi o momento de despedir a Sonia, a compañeira que estivo sustituíndo á profe de Infantil desde principio de curso. E xa que estamos traballando a poesía...que mellor que unhas coplas
Queremos desde aquí dedicarlle unha aperta moi forte e decirlle ata pronto!!!
VISITA DO CONSELLEIRO ROMÁN RODRÍGUEZ (18/02/2017)
O Conselleiro de CUltura, Educación e Ordenación Universitaria Román Rodríguez, visitou o noso centro para poder comprobar as obras de reparación dos danos causados polo temporal; así como as obras levadas a cabo no pavillón.
Facendo click na seguinte imaxe podedes acceder á noticia prublicada no xornal El Progreso