A auga
DÍA DE NEVE - 04/02/2015
Un temporal de frío e neve está deixando casi toda a nosa provincia de cor branco pero en Sober non é así.
Aínda que nevou un pouquiño, no colexio non encontramos neve pero puidemos facer uns pequenos bonecos coa neve que nos trouxo a cociñeira do seu pobo, de Vilacaíz onde nevou bastante.
Á vez que nos divertimos con esta experiencia puidemos aproveitar para repasar os estados da auga e os seus cambios: de sólido cando caen as folerpas e facemos o boneco a líquido cando este se empeza a derreter.
A VIDA NOS RÍOS GALEGOS
Na seguinte páxina podedes atopar moitísima información sobre a vida nos ríos galegos.
Visítaa!! É moi interesante!!
OS RÍOS
Os nosos alumnos e alumnas do 3º ciclo foron os encargados de desenvolver esta parte do proxecto e de presentar esta información ao resto do alumnado. A eles encargámoslle a tarefa de investigar sobre os ríos.
O seu traballo é moi interesante para coñecer todo sobre os ríos da nosa comarca xa que conta cos seguintes apartados:
- Coñecemos os nosos ríos e regatos
- Vida acuática nos ríos
- Contaminación dos ríos
- Que é unha depuradora? Como funciona?
Se queredes ler o seu traballo podedes facelo no arquivo adxunto.
EXPERIMENTOS COA AUGA
Estes experimentos foron outra forma de concienciar aos nosos nenos da importancia de coidar a auga.
A través destas mesturas os nenos comprobaron como calquera cousa que lle botemos a auga, aínda que solo sexan unhas gotas doutro líquido ou uns gramos de outros produtos; altera a súa cor, o seu olor e o seu sabor; polo que debemos ser moi coidadosos coa nosa auga.
Os produtos utilizados para as mesturas foron azucre, sal, aceite, vinagre, colorante e pimentón. Con estes produtos que se encontran en calquera cociña, pretendíamos que os nenos se desen conta de que todos somos responsables do que lle pase á auga non só as fábricas nin os grandes desaugues, senón que cada un de nós podemos contaminala cos nosos residuos diarios.
Podedes ver todas a fotos destes experimentos premendo aquí.
A IMPORTANCIA DA AUGA
Logo de falar e reflexionar cos nosos alumnos e alumnas sobre a necesidade de coidar a auga do planeta, a necesidade de non malgastala e concienciarnos de que esto e tarefa de todos; elaboramos uns carteis que reflicten algúns dos aspectos tratados e que podedes ver no seguinte enlace:
CARTEIS ELABORADOS POLOS NENOS
O ciclo da auga
Este mural serviunos de base para as actividades do día de Entroido, xa que con el os alumnos de 2º ciclo, explicáronnos a tódolos demais diversos aspectos sobre o ciclo da auga:
de onde ven a auga dos ríos?
Como se forman as nubes?
Que é a evaporación ou a condensación?
Que son as augas subterráneas?