Enerxías renovables

A AUGA

    Aínda que no colexio non podemos utilizala auga como fonte de enerxía, si que podemos aforrala e reutilizala. Para iso empezamos por recoller botellas de plástico, recortalas e colocalas nunha tina na que previamente puxemos unhas cordas que as suxeitarán para que non caian:

Recollida de auga  Recollida de auga

    Con este sinxelo sistema, recollemos a auga da choiva coa que regaremos as plantas do interior do colexio:

Regando  Regando

ENERXÍA EÓLICA

    Para que os nenos e nenas entendan de forma práctica a forza do vento; recurrimos a muíños de vento feitos por eles mesmos.

    O primeiro é cortar un cadrado e dobralo polas súas diagonais. Despois recortaremos polos dobreces aínda que sen chegar ao centro.

muíños 1

    Cun sacabocados facemos un burato en cada esquina e outro máis no medio:

muíños 2

    Polos buratos pasamos un encuadernador que ao final enroscaremos nun pauciño. Hai que ter coidado de deixar un espazo para que as aspas poidan xirar:

Muíños 3  Muíños 4

    Agora só nos fai falta un día de vento para que o noso nuíño poida xirar:

Nenos cos muíños

ACHEGÁMONOS AO CONCEPTO DE ENERXÍAS RENOVABLES

     Traballamos este concepto cos alumnos e allumnas máis cativos de primaria. Empezamos explicándolles que son as Enerxías Renovables.

    Son aquelas que se obteñen de fontes naturais o que quere dicir que nolas proporciona a propia natureza. Ademais estas enerxías non contaminan nin se acaban polo que podemos utilizalas sen perigo para o medio ambiente.

    Despois elaboramos un mural cunha sinxela explicación das tres máis coñecidas: Enerxía hidráulica, enerxía solar e enerxía eólica.

Mural de enerxías renovables

Distribuir contido