Actividades

CAMPAÑA COME LOCAL

     Hoxe comezamos a degustar os produtos procedentes da III Edición da campaña "Come Local" en comedores escolares de Galicia da Consellería de Medio Rural a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) para impulsar o consumo de produtos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade.

 

   O primeiro produto que chegou á mesa dos usuarios de comedor foron as fabas da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Fabas de Lourenzá convertidas nunha apetitosa fabada á que non lle faltaba de nada.

 

     

UN ALMORZO COMPLETO

   Xa temos dispoñible un novo vídeo da serie "Planeta verde"  elaborada por Sogama

    Vito e Lilia fanse eco da importancia que ten afrontar cada día cun almorzo completo, variado e equilibrado no que non falten as froitas, os lácteos e os hidratos de carbono.

    Aproveitando a ocasión, recordan que, unha vez rematada a primeira inxesta do día, hai que recoller a mesa e separar os residuos de forma correcta para depositalos posteriormente nos contedores correspondentes e así propiciar a súa reciclaxe:

- o brick  do leite, no amarelo;

- o tarro da marmelada, no iglú verde;

- e a caixa de cereais, no azul.

 

ESTREAMOS VAIXELA (05 - 10 - 2015)

Os nenos e nenas de Educación Infantil veñen de estrear a nova vaixela do comedor chea de cor.

Mirade que contentos están con ela.

AS NOSAS FRESAS

Xa é tempo de recoller as apetitosas fresas da nosa plantación.

Un traballo que lles gusta moito facer aos nenos e nenas de Educación Infantil:

IMG-20150529-WA0009.jpg  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

   E despois de recollelas?  COMELAS!! Ou con iogur ou nunha rica macedonia!!

IMG-20150603-WA0002.jpg  IMG-20150603-WA0000.jpg   Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

COMEMOS OS NOSOS REPOLAZOS

  Estos días estamos a comer no comedor do colexio os repolazos da nosa colleita.

  O primeiro día comemos un caldo de repolo ben rico e hoxe comemos un cocido moi saboroso!!

Comendo repolo  Comendo repolo

 

QUE COMEMOS?

    Hai moitos tipos de alimentos e cada un achéganos algo que o noso corpo necesita.

    Necesitamos Hidratos de Carbono para ter enerxía. Os hidratos de carbono encóntranse no pan, nas patacas, nos cereais, nas pastas e no azucre.

Hidratos de Carbono

    Necesitamos Proteínas para medrar. As proteínas encóntranse na carne, no peixe, nos embutidos, nos ovos, nas legumes, nos froitos secos e nos lácteos. Ademais os lácteos fortalecen os ósos.

Proteínas

  Necesitamos vitaminas e fibra para estar sans. As vitaminas e a fibra encóntranse nas froitas e nas verduras.

Vitaminas e fibra

ASÍ QUE XA SABEDES... A COMER DE TODO!

BO  PROVEITO!!

 

CON LA COMIDA SÍ SE JUEGA

     Con la comida sí se juega es un juego interactivo elaborado por la ASGECO (Asociación General de Consumidores) para intentar enseñar, educar y promover hábitos alimentarios saludables entre niños y adolescentes.

     El juego incluye dos guías: una para padres y otra para niños en las que se repasan conceptos esenciales de una dieta sana, equilibrada y variada y el ejercicio físico.

     Si quieres jugar pulsa en el siguiente enlace:


O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

A Consellería do Mar achéganos esta campaña para potenciar o consumo de peixe fresco nos comedores dos centros escolares.

Cunha pequena obra de teatro, un pescador e unha cociñeira ensínanlle aos nenos coñecementos sobre o mundo do peixe e a importancia da presenza do peixe e do marisco na nosa dieta.

Ademáis para facer esta campaña máis amena, ven da man de 7 nenos con candanseu superpoder vinculado as vitaminas das especies que se van a consumir neste programa: xurel, pescada, rodaballo, troita e mexillón.


VER  IMAXES  DA  CHARLA

GALLETAS DE CARROLAS (Novembro 2010)

Os nenos de infantil fan galletas de carrolas

1. Ingredientes e utensilios

Ingredientes   utensilios

2. Abrimos e esmagamos as carrolas, despois varremos ben para que non quede nada polo chan.

abrimos as carrolas   esmagar carrolas   varremos

3. Quentamos a manteiga, mesturamos o azucre, facemos o lévedo e engadimos os ovos e a fariña.

quentamos a manteiga  mesturamos o azucre  batemos os ovos  engadimos fariño

4. Mesturamos a pasta coas carrolas esmagadas, facemos formas e poñémolas nos moldes ben untadiños para que non se nos peguen as galletas.

engadir carrolas  facemos formas  facemos o lévedo  untamos moldes

5. Despois de metelas no forno uns minutos, xa temos unhas marabillosas e apetitosas galletas listas para comer.

galletas

Distribuir contido