Excursións
EXCURSIÓN A SANTIAGO: CONCERTO DIDÁCTICO E VISITA AO MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS (24/10/2024)
O alumnado de Primaria participou nunha excursión a Santiago de Compostela.
VII ANDAINA POLO CAMIÑO DE INVERNO (04/11/2024)
Este curso volvemos a participar na Andaina polo Camiño de Inverno que organiza a Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra para dar a coñecer e poñer en valor esta rota xacobea que é oficial desde agosto de 2016.
Nesta VII edición estableceuse un novo récord de participación xa que nos xuntamos uns 2.000 alumnos e alumnas de diferentes centros da comarca como o CEIP Monte Baliño, o CEIP Rosalía de Castro, o CEIP A Gándara....
Lembrade que na biblioteca encontraredes moitos libros sobre o camiño de Santiago que podedes levar prestados para ter máis información ou pasar un bo rato lendo.
Algúns deles son:
Podedes ver todas as imaxes desta xornada na
Excursión á Casa da Fonte: Un día de aprendizaxe no campo (20/09/2024)
Enviado por marco.schaal o Ven, 20/09/2024 - 12:14O pasado venres 20 de setembro, o alumnado xunto co profesorado do colexio tivo a oportunidade de realizar unha visita moi especial á granxa da Casa da Fonte, organizada pola ANPA dentro do programa “Da escola á granxa” da área de Medio Rural da Deputación de Lugo a través do que se financian visitas de escolares de primaria a ganderías, producións agrícolas ou pequenas empresas de transformación.
Nesta visita aprenderon de primeira man o funcionamento dunha gandaría e a vida no campo e descubriron o fascinante mundo da gandaría extensiva, onde visitamos as instalacións e a zona de pasto. Alí explicáronnos as razas de gando que habitan na granxa e como se coidan e manteñen estas especies nun entorno natural.
A seguinte parada foi o galiñeiro despois dun pequeno paseo. Aquí aprendemos todo sobre as galiñas de campo: dende onde poñen os seus ovos ata os coidados diarios que precisan, como o cambio da auga e unha alimentación axeitada.
Para finalizar a visita, dirixímonos de novo ás instalacións de fabricación e produción de manteiga. Aquí tivemos a sorte de aprender todo o proceso de elaboración deste produto tan esencial na nosa alimentación. Mostráronnos como se fai a manteiga, explicando a importancia de lavala, darlle forma e, por último, envolvela. Ademais, cada un de nós puido elaborar a súa propia manteiga para levar un recordo moi doce e agradable desta experiencia inesquecible.
Foi unha xornada chea de aprendizaxe e diversión, onde o contacto directo co medio rural nos permitiu coñecer máis sobre o coidado dos animais e os produtos que consumimos a diario.
MOITAS GRAZAS Á ANPA POLA ORGANIZACIÓN DESTA VISITA!
EXCURSIÓN A SANTIAGO (1/12/2023)
Este ano volvemos a participar nos concertos didácticos que organiza o Concello de Santiago de Compostela en colaboración co Auditorio de Galicia para estudantes de Primaria.
Nesta ocasión fomos a ver Pulcinella e a máscara máxica, adaptación dun fragmento da Suite para orquestra do mesmo nome de Igor Stravinsky.
Despois do concerto xantamos na Residencia Universitaria Burgo das Nacións e pola tarde fixemos unha visita guiada ao Museo de Historia Natural de Santiago.
Durante a visita pudiemos ver as diferentes zonas do museo:
Xeodiversidade: minerais, xemas, rochas, fósiles...
Biodiversidade:
Biodiversidade mariña: moluscos, invertebrados, algas, tartarugas...
Biodiversidade terrestre mundial: biomas, sabana, selva...
Biodiversidade terrestre galega: fragas, augas continentais...
Podedes ver moitas máis imaxes desta excursión na GALERÍA DE IMAXES.
VI ANDAINA ESCOLAR POLO CAMIÑO DE INVERNO (6/10/2023)
O venres día 6 de outubro a Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra organizou a VI Andaina escolar polo Camiño de Inverno na que participamos uns 1.600 escolares percorrendo diferentes tramos deste camiño.
Para participar nesta actividade, o noso alumnado estívose preparando na biblioteca facendo un traballo de investigación sobre esta etapa do camiño de inverno: que é unha ruta xacobea, que ríos ían atopar, que pobos ían atravesar, a simboloxía do camiño de Santiago...
E unha vez que xa estiveron preparados para camiñar, puxémonos en marcha. Do noso centro participaron os nenos e as nenas do último curso de educación infantil que tiña asignado un tramo de 1 km con saída desde o campo da Virxe de Monforte de Lemos e o alumnado de Primaria que veu camiñando desde Reigada, aproximadamente 6 km.
EXCURSIÓN FIN DE CURSO A MARCELLE (20/6/2023)
O día 20 de xuño, fomos todo o colexio de excursión a Marcelle Natureza onde os nenos e as nenas puideron disfrutar dun percorrido guiado no que aprenderon moitas cousas sobre os animais.
Pero por normativa do parque, non nos permitiron facer fotos no interior durante a visita así que só podemos compartir con vós as que fixemos á entrada.
EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA (02-03-2023)
Este ano retomáronse os concertos didácticos que organiza o Concello de Santiago de Compostela en colaboración co Auditorio de Galicia para estudantes de Primaria.
Nós fomos a ver o espectáculo "Mini Mozart" no que Mozart e a súa irmá Maria Anna nos foron presentando os diferentes instrumentos da orquestra mentres escoitabamos varias obras do autor como a abertura de As vodas de Fígaro, A pequena serenata nocturna, algunha aria de Don Giovanni con acompañemento de clavicémbalo ou a Marcha Turca (tercer movimiento Alla Turca de la Sonata para piano n.º 11)
Un concerto moi didáctico e divertido que a máis de algún/algunha se lle fixo curto.
Despois de xantar no parque do auditorio, fixemos unha visita guiada polas cubertas da Catedral de Santiago de Compostela. Aínda que tivemos que subir máis de 100 escalóns, as vistas mereceron a pena xa que desde arriba puidemos observar a Torre das campás e a Torre da carraca desde unha perpectiva totalmente diferente.
PREPARANDO Á VISITA Á CATEDRAL DE SANTIAGO (28 - 02 - 2023)
Para a nosa visita á Catedral De Santiago de Compostela estivemos a facer unha investigación sobre os datos máis relevantes da mesma durante a sesión de INEIN.
V ANDAINA POLO CAMIÑO DE INVERNO (10/11/2022)
A Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra organizou a V Andaina polo Camiño de Inverno despois de dous anos de parón por culpa da pandemia.
Nesta andaina particou o alumnado de 6º de Infantil e o de toda a Primaria xunto a 1.500 escolares doutros centros educativos da comarca: CEIP A Pobra do Brollón, CEIP Monte Baliño, CEIP A Gándara, EOI de Idiomas...
Os nosos nenos e nenas dividíronse en dous grupos: xs de infantil fixeron o percorrido máis curto desde o Campo da Virxe, ao lado do Castelo de San Vicente, ata o Parque dos Condes.
Mentres xs de primaria fixeron o percorrido desde Reigada (aprox. 6 km)
Á chegada a Monforte reunímonos todos os participantes no Auditorio ao aire libre do Parque dos Condes e despois pasamos o que quedaba de xornada no parque infantil da Compañía.
RESEÑAS DE PRENSA
La Voz de Galicia (ed. dixital) 10/11/2022 |
web Asociación Camiños pola Ribeira Sacra |
Lembrade que na biblioteca encontraredes moitos libros sobre o camiño de Santiago que podedes levar prestados para ter máis información ou pasar un bo rato lendo. Algúns deles son:
PODES VER TODAS AS IMAXES DESTA XORNADA
III VISITA DIDÁCTICA ÁS ESCAVACIÓNS DE PROENDOS (27-09-2022)
O alumnado de 3º a 6º de Primaria fixo unha nova visita ás escavacións arqueolóxicas que se están realizando na parroquia soberina de Proendos para ampliar a información de visitas anteriores.
A escavación que visitamos é unha ampliación da zona do hórreo xa descuberto en anos anteriores. Alí, Francisco Alonso, o seu director técnico,fixo de guía para explicarnos os achados realizados nesta ampliación coa que conseguiron escavar a totalidade do hórreo.
Según nos dixo, as escavacións confirman a importancia do xacemento de Proendos tanto polo hórreo en si mesmo que é único no noroeste peninsular como pola cantidade de vestixios que atoparon de épocas moi diferentes: mundo castrexo, romano, medieval... xa que en poucos sitios se pode atopar esta variedade nun mesmo lugar.
Coas súas explicacións puidemos entender mellor os vestixios e aprendemos moitos termos relacionados con esta época e con técnicas de investigación: flotar a terra, terra sigilata, paleoambiente, fiada de sacrificio, como se documentan as capas escavadas... ademais tamén resolveu todas as dúbidas do noso alumnado que prestou moita atención ás súas explicacións.
En definitiva, unha saída moi interesante e didáctica que nos axuda a pór en valor o noso e a coñecer as riquezas do noso concello.
MOITAS GRAZAS POR ESTA ACTIVIDADE TAN DIDÁCTICA
QUE ESPERAMOS VOLVER A REPETIR EN NOVAS FASES DESTA ESCAVACIÓN!!