Reciclaxe e reutilización
POSTAIS EDUCACIÓN INFANTIL (Nadal 2018)
O alumnado de Educación Infantil fixo outro ano máis as súas postais de Nadal con materiais de refugallo e materiais reutilizados.
As de Infantil A foron feitas pintando macarróns de diferentes cores sobre un cartón triangular ao que se lle engadiu unha estrela, un paociño e unha base.
As de Infantil B fixéronse cun roio de papel pintado de vermello imitando unha candea; de base un CD reutilizado e ao rredor tapóns de bebibles e restos vexetais decorados.
CHEGA O NADAL - 2017
Chega o Nadal e no colexio xa temos a árbore preparada.
Este ano conxugamos a reciclaxe que traballamos desde o Programa Voz Natura coa Impresora 3D da biblioteca.
Os deseños dos adornos 3D, son dos seguintes autores:
by Simmons (https://www.thingiverse.com/thing:593440)
by 3d-decoratie (https://www.thingiverse.com/thing:563986)
by Whatakuai (https://www.thingiverse.com/thing:198646)
NADAL NA CLASE DE INFANTIL
O Nadal chega tamén á clase de Educación Infantil, onde os alumnos de 5 anos fixeron uns graciosos bonecos de Papá Noel cos tubos de cartón de papel do baño que adornan a porta da súa clase.
POSTAIS DE NADAL
ÁRBORE DE NADAL
SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR (2/11/2016)
Como cada ano; recibimos no colexio para todo o alumnado, a campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor" da Consellería de Medio Ambiente en colaboración con Sogama, Ecoembres e os SIG de pilas.
Con esta campaña aprendemos e recordamos cousas moi importantes para o medio ambiente como a regra das 3 R: Reduce, Reutiliza e Recicla; e os residuos que se deben depositar e o que non en cada colector.
- COLECTORES AMARELOS: envases de plástico (envoltorios de galletas, iogures, xeles de baño...), metálicos (latas de conserva, botes de bebidas, aerosois...) e briks. Nembargantes hai que ter coidado con residuos que aínda que poderíamos pensar que son deste colector, non o son: xoguetes, cubos ou cepillos de dentes.
- IGLÚS VERDES: estes iglús son os do vidro pero non hai que depositar as tapas nin os vasos que son de cristal, non de vidro.
- COLECTOR AZUL: o colector azul é para o papel e os cartóns pero sempre que non teñan restos de comida, tampouco servilletas nin panos usados xa que estes restos non son aptos para o reciclado.
Despois o alumnado de infantil tivo ocasión de reutilizar tapóns; os máis cativos fixeron uns colgantes e os de 5 anos, fixeron collages que imitaban o fondo do mar.
DECORANDO AS VENTÁS DO COLEXIO
E para axudar a dar máis idea de primavera, que tal se decoramos as ventás con bolboretas, flores e unhas cometas para xogar os días de vento?
ADEUS INVERNO!! BENVIDA PRIMAVERA!!
Os nenos e nenas de Educación Infantil queren despedir o inverno cuns fermosos bonecos de neve feitos con materiais de refugallo, neste caso botes de iogur líquido, de pequenos iogures e restos de telas
E como o tempo non se para; despois do inverno chega a primavera con estas fermosas bolboretas que adornan a clase de infantil A feitas tamén con material de refugallo:
Na primavera tampouco poden faltar as flores así que con máis material de refugallo fixemos unhas para o corredor principal. Nas seguintes imaxes podedes ver o proceso:
1. MATERIAIS UTILIZADOS
2. PINTAMOS A PARTE DE ARRIBA DAS BOTELLAS DE VERDE PARA OS TALOS
3. PINTAMOS A PARTE DE ABAIXO PARA FACER AS FLORES E PEGÁMOSLLES OS TAPÓNS
4. PINTAMOS CAIXAS DE CARTÓN E DEBUXAMOS AS FOLLAS PARA RECORTAR
5. UNIMOS TODO PARA FORMAR O XARDÍN
UN ALMORZO COMPLETO
Xa temos dispoñible un novo vídeo da serie "Planeta verde" elaborada por Sogama
Vito e Lilia fanse eco da importancia que ten afrontar cada día cun almorzo completo, variado e equilibrado no que non falten as froitas, os lácteos e os hidratos de carbono.
Aproveitando a ocasión, recordan que, unha vez rematada a primeira inxesta do día, hai que recoller a mesa e separar os residuos de forma correcta para depositalos posteriormente nos contedores correspondentes e así propiciar a súa reciclaxe:
- o brick do leite, no amarelo;
- o tarro da marmelada, no iglú verde;
- e a caixa de cereais, no azul.
LECTURA COLECTIVA: Mr. Iglú fai amigos
Hoxe a Hora de Ler foi un pouco diferente, aproveitando que se nos fixo chegar un exemplar para cada alumno/a de Mr Iglú fai amigos, editado por ecovidrio fixemos unha lectura colectiva do mesmo. Ademais, entre todo o alumnado puidemos facer unha reflexión sobre a importancia da reciclaxe e a reutilización de residuos para conservar a natureza e o medio ambiente.