Fin de curso

Fin de curso

FESTIVAL FIN DE CURSO 2023/24

   Hoxe despedimos o curso 2023/24 coa realización do noso festival de fin de curso que este ano se celebrou no pavillón do colexio.

   Coma sempre, este festival pretende ser un momento de festa e de ledicia onde o alumnado comparte coas súas familias as actuacións musicais preparadas.

    A continuación deixámosvos os vídeos de cada unha das actuacións esperando que vos gustasen moito e que disfrutarades delas.

 

 

 

 

 

 

  Despois destas actuacións tan marabillosas e estupendas, rematamos despedindo ao alumnado de 6º de Primaria (Carlota, Germán e Javierdesexándolle o mellor na nova etapa das súas vidas que está por comezar. Esperamos que vos lembredes de nós sempre e se nos necesitades, aquí estaremos!

 

 

 

BO  VERÁN  E  FELICES  VACACIÓNS!!

GALERÍA  DE  IMAXES

 

DESPEDIDA ALUMNADO DE 6º (2024)

   Todos os anos cando chega fin de curso chega tamén o momento de despedir ao alumnado de 6º de Primaria que acaba esta etapa educativa. Carlota, Germán e Javier entraron a formar parte do colexio no curso 2015/16 cando eran uns pequerrechiños de 3 anos!!

       Agora son unha clase de tres persoas estupendas ás que botaremos moito de menos!

   Pero antes de marchar gravaron o seguinte podcast no que poderedes escoitar unha carta que escribiron  como despedida agora que xa se van ao instituto.

 

 

    Esperamos que na nova etapa educativa que comezarán o próximo curso non olviden a importancia do traballo e da constancia. Estamos seguros de que terán éxito nos seus estudos; pero se nalgún momento nos necesitades, aquí estaremos, apoiándovos en todo o que poidamos porque despois de todos estes anos levades con vós un pedaciño do noso corazón. 

 

 

FESTIVAL FIN DE CURSO 2023

Remata o curso 2022/23, pero para despedirnos con alegría chega o festival de fin de curso cunhas marabillosas actuacións musicais.

A continuación deixámosvos os vídeos de cada unha das actuacións esperando que vos gustasen moito e que disfrutarades delas, pero queremos aclarar que son vídeos que gravamos pola mañá no ensaio xeral menos o de 1º e 2º de primaira que inclúe tamén a actuación da tarde xa que pola mañá non estaban todos os alumnos.

 

   Rematamos despedíndonos de todas aquelas persoas que este ano deixan o colexio aínda que por motivos moi dieferentes:

- Á nosa cociñeira Mª Luz, desexámoslle moita felicidade na súa nova vida que comeza como xubilada

- Aos mestres e as mestras que cambian de destino ou que están á espera del (María José, Martín, Marco, Ana, Luis e Sonia) desexámoslle moita sorte nos seus novos colexios

- Ao alumnado de 6º de Primaria (Cristian, Darío, Libertad, Yanira, Lucas, Mencía, Susana, Iria, Gareth, Lola, Naím e Gissela) desexámoslles o mellor nesta nova etapa das súas vidas que está por comezar. Esperamos que vos lembredes de nós sempre e se nos necesitades, estaremos no voso colexio para o que vos faga falta.

 

 

 BO  VERÁN  E  FELICES  VACACIÓNS!!

 

GALERÍA  DE  IMAXES

 

 

 

 

 

 

DESPEDIDA ALUMNADO DE 6º (21/6/2023)

   Cada ano temos que despedir ao alumnado de 6º de Primaria que remata a súa etapa no colexio. A Cristian, Darío, Libertad, Yanira, Lucas, Mencía, Susana, Iria e Gareth, coñecémolos cando chegaron a Educación Infantil.

 

      Lola, Naím e Gissela foron incorporándose ao grupo en diferentes cursos de primaria; pero aínda que pasaron menos tempo neste colexio, son igual de importantes para nós. Agora todos elxs forman un marabilloso grupo de 12 nenos e nenas!!

 

   No seguinte podcast, poderedes escoitar a carta que escribiron  como despedida agora que xa se van ao instituto.

 

    Esperamos que na nova etapa educativa que comezarán en setembro non olviden a importancia do traballo e da constancia. Estamos seguros de que se poñen en práctica todo o aprendido durante estes anos, terán éxito nos seus estudos; pero se nalgún momento nos necesitades, aquí estaremos, apoiándovos en todo o que poidamos porque despois de todos estes anos compartindo vivencias, levades con vós un pedaciño do noso corazón.

 

 ATA  SEMPRE!!

FIN DE CURSO 2021 - 2022

    Hoxe finaliza un novo curso escolar que foi moi cambiante xa que comezamos cunha situación aínda complicada na que seguían activos os protocolos Covid (aulas burbullas, distancia interpersoal, uso obrigatorio de máscaras...) e acabamos case con normalidade.

    E no medio de todo isto, encontrábanse os nenos e as nenas que se tiveron que ir adaptando a todos estes cambios demostrándonos de novo que son uns superheroes e unhas superheroínas polo que todos os membros do Equipo Docente estamos moi orgullosxs deles.

   Así que o que toca agora é disfrutar do verán e das vacacións pois chegamos ao final do curso e é hora de que xs nenxs poidan pásalo ben sen preocuparse de estudar (aínda que sería ben que non se olvidaran de todo).

 

    Pola nosa parte, queremos desexarvos unhas BOAS  VACACIÓNS cunha adaptación da canción Vacas de Verán do grupo Uxía Lambona e a Banda Molona, do seu álbum Astronauta Sideral.

 

BO  VERÁN!!

 

 

FIN DE CURSO: TROUPELEAR (22-06-2022)

     Como actividade final do curso, a ANPA a través de FACAPEL organizou un sesión de baile e xogo para todo o alumnado do centro co grupo TROUPELAR.

 

 

Durante esta actividade o alumnado puido cantar, bailar e xogar...

todo o que necesitabamos para acabar o curso a todo ritmo!!

 

DESPEDIDA ALUMNADO DE 6º (CURSO 2021 - 2022)

  Inevitablemente, cada ano ao chegar o último día lectivo do curso, toca despedir ao alumnado de 6º de Primaria que remata a súa etapa no colexio.

   A Hugo, Lucas, Lucía e Pilar vímolos medrar desde infantil; eran pequeniñs como botóns!

 

 

    Pau incorporouse o curso pasado chegado doutra comunidade; pero non pensedes por iso que o imos a estrañar menos que aos demais; cada membro da comunidade educativa é igual de importante para nós e agora sodes un grupo de cinco ao que botaremos moito de menos como se puido comprobar na despedida de hoxe onde a emoción fixo que case todos acabaramos chorando.

 

 
 
 

 

 

  No seguinte podcast, podedes escoitar como se despiden eles de nós cunhas pequenas cartas nas que lembran o seu paso polo colexio; e no vídeo de abaixo, acompañamos as voces con algunhas imaxes para que lle poñades cara a quen está falando.

 

   Desexámosvos que sigades sendo bos rapaces e rapazas, que sexades moi felices tamén en Secundaria e que non teñades ningunha dificultade na nova etapa que empezades no instituto; pero se a tedes, recordade que SEMPRE PODEREDES CONTAR CONNOSCO  E  QUE  ESTE  É  O  VOSO  COLE!!

 

UNHA  APERTA  MOI  GRANDE  PARA TODXS!!

 

DIVIÉRTT PARK (21-06-2022)

     Por fin, despois da época Covid, retomamos as excursión de Fin de Curso!!

    Queriamos levar ao alumnado a un sitio divertido que non estivese condicionado polo tempo, así que finalmente decidimos ir a DivierttPark, un parque multiaventura de ocio interior en Santiago; e menos mal! Porque co que choveu ese día...

   O primeiro que fixemos ao chegar foi a merenda de media mañá para coller forzas para todo o que lles esperaba.

 

      Despois, repartidos en grupos, foron pasando por todas as zonas do parque: 

    1. Circuíto vial: espazo que imita á vía pública no que conducindo un coche ou triciclo deberán respectar as zonas sinalizadas con liñas, semáforos, sinais, pasos de peóns...

 

    2. Zona de baile: para mover o esqueleto seguindo diferentes ritmos.

 

    3. Zona de xogo: xogos de sempre e xogos máis novidosos para divertirse sen parar.

 

    4. Circuíto multiaventura e tirolina: formado por unha serie de obstáculos con dous niveis de dificultade como pontes, redes, cordas... os que superaron o segundo nivel puideron tirarse pola tirolina de 25 metros!

 

 

 

 

  Tras pasar máis de 3 horas divertíndose nos diferentes espazos do parque, chegou a hora de comer mentres desfrutábamos dun espectáculo de malabares.

 

 

Se queredes ver todas as fotos deste día: GALERÍA  DE  IMAXES 

 

FIN DE CURSO 2020 - 2021

  Finalizamos este ano escolar tan atípico con relativa normalidade, unha situación que aínda non nos permite xuntarnos para celebrar o fin de curso pero que non impide que este día sexa especial: as notas, a despedida dos de sexto, as merecidas vacacións de verán...

 

   Por iso quixemos gravar un vídeo que mostra a realidade vivida nestes últimos meses, nos que incluso con máscaras, hidroxel, distancia de seguridade e protocolos varios; chegamos ao final con éxito e ledicia!

 

      Grazas a toda a comunidade educativa e por suposto aos nenos e nenas que superaron os atrancos sen perder o seu espírito infantil e nos demostraron que aprender, rir, dar cariño, ser felices ou xogar cxs amigxs pode facerse incluso con máscara e distancia de seguridade.

 

     Desexámosvos unhas BOAS  VACACIÓNS porque aínda que co tempo que temos non o parece, ESTAMOS  NO  VERÁN!!

 

 
VÉMONOS  EN  SETEMBRO... 
 
 
UNHA  APERTA  MOI  FORTE!!!
 

DESPEDIDA ALUMNADO 6º (22-06-2021)

Cada etapa ten un principio e un fin e hoxe é o final da etapa de César, Brais, Zaira, Jorge e Paula no noso colexio.

Danos moita mágoa que marchedes pero non hai remedio porque os nenos e nenas tedes o costume de crecer! 

Que pequenos erades cando chegastedes a infantil e vos encontrastedes por primeira vez co cole e cun montón de compañeiros!

 

 

E a vós, os que fostedes vindo despois ao longo de primaria...

foron menos anos pero non por iso vos imos a estrañar menos que aos demais agora que marchades!

 

 

   Eso si, desexámosvos MOITO ÉXITO na nova andaina que empezaredes en setembro no instituto e esperamos que LEMBREDES  SEMPRE  QUE  ESTE  É  O  VOSO  COLE  E  QUE  NOS  TEREDES  AQUÍ  PARA  O  QUE  PRECISEDES!!

 

ATA  SEMPRE!!

 

 

Distribuir contido