Día do Libro
DÍA DO LIBRO: explosión primaveral (23/04/2024)
Este ano para o día do libro quixemos darlle unha segunda vida a algúns libros do expurgo converténdoos nunha explosión de primavera segundo o modelo de pinterest de Laura Daniel.
Para iso comezamos pintando, recortando, troquelando e pegando flores e bolboretas...
DÍA DO LIBRO 2023: Cando Leo (Eva Mejuto)
Comezamos as actividades da Semana do libro co libro Cando leo escrito por Eva Mejuto e Ilustrado por Bea Gregores porque compartimos completamente as verbas da súa contraportada: "Todo é posible cando nos poñemos a ler e nos deixamos levar polas páxinas dun libro. Todo é posible, sobre todo o imposible"
Cando leo abre as portas e as ventás de moitos mundos e de moitas situacións reais ou imaxinarias. A través do texto e das súas ilustracións reflexionamos sobre o poder da lectura non só como un medio para evadirnos se non tamén como un refuxio en momentos difíciles.
O vídeo está elaborado coas voces en off de Naím Hourri e Lucas Fernández e con fotomontaxes das ilustracións cos nenos e nenas de educación infantil como protagonistas. Esperamos que vos guste tanto como a nós!
Despois do visionado na biblioteca, os nenos e as nenas de Primaria fixeron unha reflexión do que sentían cando lían e plasmárona nun pequeno libro.
Con todos eses sentimentos elaboramos o noso mural para o DÍA DO LIBRO 2023!
APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES (Día do Libro 2023)
Unha das actividades preferidas do noso alumnado son os apadriñamentos e amadriñamentos lectores que facemos desde fai varios anos para conmemorar o Día do Libro.
Ao chegar ao Salón de actos Iria, Darío e Cristian tíñan preparado unha pequena representación da divertida historia de Pepiño Cebola de Sandra Alonso (La maleta ediciones) que é un neno ao que lle poñen mil capas de roupa con para protexelo pero isto fai que Pepiño non sexa un neno, senón unha cebola!
Xa no exterior do cole, o grupo de Mencía, Lucas e Yanira tiña preparados un montón de monicreques para contarnos Non fai falta a voz de Armando Quintero (OQO Editora) que é un libro que fala sobre as diferentes formas de demostrar cariño aos demais, concretamente dos abrazos. Sabedes que os abrazos dan seguridade, favorecen a autoestima e melloran a confianza nun mesmo e nos demais?
E para rematar, no patio ao lado dunha árbore, Carlota, Germán e Susana esperaban para contarnos A miña árbore secreta de David Pintor, que narra a relación dunha nena coa árbore que plantou foai moitos anós o seu avó; unha historia cun final moi sorprendente.
FELIZ DÍA DO LIBRO!!!
CREAcción: ESTAMOS DE NORABOA!
Para conmemorar o Día do Libro a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia promoveu a realización de accións creativas baixo o lema CREAcción.
Pois ben, estamos de NORABOA PORQUE...
A NOSA PROPOSTA FOI UNHA DAS 20 SELECCIONADAS!!
DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTOS LECTORES (23 - 04 - 2021)
Unha das actividades que facemos para conmemorar o Día do Libro desde fai varios anos (agás o ano pasado que tivo que ser de modo virtual) e que ademais é unha preferidas do noso alumnado, é a dos apadriñamentos lectores.
Ao chegar ao Salón de actos, Lucía e Brais tíñan preparado un teatro de monicreques para contarnos a divertida e irónica viaxe dun rato que esta farto da súa vida aburrida: Rato en fuga de Miguel Ordóñez (Ed. Kalandraka)
E para rematar, na entrada principal, Jorge, Paula e Hugo esperaban para contarnos co Kamishibai Por que hai pedras no fondo do río? que é un simpático conto africano encadenado no que ninguén quere ter a culpa así que a pedra coa que comeza a historia pide que a tiren ao fondo do río e a deixen tranquila.
FELIZ DÍA DO LIBRO!!!
CREAcción Día do Libro (23-04-2021)
Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia promoveron a realización de accións creativas para conmemorar o Día do Libro baixo o lema CREAcción.
Para participar nesta campaña @s biblioaxudantes de 4º de Primaria gravaron dous poemas audiovisuais coa técnica de stopmotion e elaboraron os diferentes recursos: o grilo está impreso en 3D e pintado (Cricket by cerberus333), a gaiola está feita con tabliñas e escarvadentes, colorearon e decoraron a torre e os personaxes para que tivesen relevo...
Esperamos que vos gusten!!
Música de fondo:
http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/
https://incompetech.com/music/royalty-free/music.html
AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Pilar (23-04-2021)
As familias contan tamén se suman á conmemoración do Día do Libro coa familia de Pilar.
Maite e Pili deixáronnos gravados varios capítulos do libro Non te cases, papá! de Fina Casalderrey que iremos compartindo un a un.
GUSTOUVOS?
QUEREDES ESCOITAR COMO SEGUE A HISTORIA?
NON VOS PREOCUPEDES, CONTINUARÁ...
UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA: Día do Libro (23-04-2021)
O alumnado de Infantil traballou o conto Unha eiruga moi larpeira de Eric Carle para conmemorar o Día do Libro e despois fixeron uns coloridos puntos de lectura que representan a esta eiruga que pasa todo o conto comendo ata que ao final se transforma nunha fermosa bolboreta.
Versión do conto: Nieves mf
LECTURAS PARA A SEMANA DO LIBRO 2020
Seguimos propoñendo lecturas para a Semana do Libro.