Entroido
XOGOS OLÍMPICOS: DESFILE DE ENTROIDO (09-02-2024)
Chegou o gran día do Entroido!!
Hoxe é o desfile inaugural das nosas olimpíadas!!
TODXS A PARÍS 2024!!
Despois do desfile polo pavillón xa que non se puido facer polas rúas de Sober por culpa do mal tempo, tivemos un ratiño de baile e xogo no pavillón onde o alcalde repartiu chuches para todos.
Podedes ver todas as imaxes do desfile no seguinte enlace:
É TEMPO DE ENTROIDO (09-02-2024)
O entroido é sempre unha época do ano moi divertida; pero non é algo novo senón que é unha festa popular con personaxes tradicionais e diferenciados dependendo da zona de Galicia onde estemos.
Para coñecer algúns destes personaxes que as crianzas do noso colexio nunca viron, os biblioaxudantes Germán e Martín leron o libro É tempo de entroido de de Ramón D. Veiga.
Peliqueiros de Laza, cigarróns de Verín, madamas... todos se queren xuntar para facer unha comida na que non faltará ningún ingrediente do cocido nin filloas nin orellas.
De entre todos eles, hoxe quedámonos cos peliqueiros de Laza. Cada neno e nena do cole decorou a súa máscara que consta dunha carauta igual para todos e unha parte superior que se pinta con animais ou símbolos. Este personaxe recorre as rúas de Laza cunhas chocas colgadas do cinto e un látego na man.
Podedes escoitar o libro no seguinte podcast gravado por Germán e Martín.
O ABELLEIRO DE LECTUVÍN (17 - 02 - 2023)
Como sabedes, este entroido quixemos realizar un proxecto sobre as abellas para coñecer mellor o seu mundo. Por iso programamos varias actividades entre as que se atopa o desfile de entroido para o que nos convertemos en diferenes elementos do mundo destes insectos:
Os nenos e nenas de Educación Infantil foron as pequenas abellas do noso abelleiro
O alumnado de 1º e 2º de Primaria, convertíronse nas marabillosas flores que as abellas tiñan que polinizar
En 3º e 4º, transformáronse nuns apetitosos tarros de mel coa súa correspondenete etiqueta de calidade
E non podían faltar os apicultores de 5º e 6º para encargarse de coidar a todas as abellas da colmea
Así disfrazamos e acompañados das persoas que se achegaron ao colexio e dos nenos e nenas do PAI de Sober, saímos a pasear polas rúas do noso concello onde varios veciños tiraron caramelos para disfrute dos cativos/as.
Camiñando, camiñando... chegamos á Praza do Concello onde estivemos un rato bailando e despois o alcalde repartiu chuches para todos!
Rematado o desfile volvemos ao colexio e pola tarde foi o momento do desfrace libre: príncipes, princesas, heroes, guerreiros, animais... todo tivo cabida nesta festa onde todos o pasaron xenial.
Podedes ver todas as imaxes do desfile e do disfrace libre no seguinte enlace:
FELIZ ENTROIDO PARA TODOS!
COMANDAS DO MECO - XOVES (16 - 02 - 2023)
Hoxe xoves rematan as comandas do Meco con todos os nenos e nenas en pixama.
Pero... por que viñemos todos así vestidos, ou mellor dito, sen vestir?
Porque como din as comandas do Meco:
E de que tartaruga pensades que estamos falando?
De A tartaruga que quería durmir que é a protagonista da historia escrita por Roberto Aliaga.