Recuperación de espazos degradados
PINTAMOS O VALO DA HORTA
O valo da nosa horta necesitaba xa unha man de pintura.
Para darlle un novo aire, cambiamos as cores anteriores pasando dun valo multicolor a un valo máis uniforme
PLANTANDO AS XARDINEIRAS
Para que as xardineiras se manteñan floridas e fermosas temos que renovar aquelas plantas que pereceron pola climatoloxía adversa do inverno
RENOVACIÓN DO MOSAICO EXTERIOR
O mosaico exterior do noso cole necesitaba unha renovación.
Ademais de mantelo, este ano decidimos cambiar a súa distribución pasando dos triángulos existentes a rectángulos.
Para iso desfacemos o mosaico anterior aproveitando a cortiza, as pedras de cores e as pedriñas de cor branco para o novo.
E así é como quedou o noso novo mosaico; cunha zona de pedriñas diante dos bancos para podernos sentar sen desfacer o debuxo:
DECORACIÓN DO MURO EXTERIOR
O muro exterior do noso colexio, viña necesitando un arranxo.
Primeiro algúns pais e familiares viñeron a darlle masas voluntariamente
Despois viñeron do Concello a darlle unha imprimación.
E, por último, os nosos alumnos coa colaboración de Humberto Loureiro artista e ex-alumno do noso centro decoraron o muro que quedou así de fermoso:
Podedes ver todas as fotos dos nenos pintando no seguinte enlace:
COIDANDO AS XARDINEIRAS
Para que as xardineiras se manteñan floridas e fermosas temos que renovar aquelas plantas que pereceron pola climatoloxía adversa do inverno:
É OUTONO NO NOSO XARDÍN
Despois do verán sempre chega o outono é o noso cole non é unha excepción. Por iso, o noso xardín florido e fermoso, converteuse nun souto cheo de follas, caracois, esquíos, cogomelos e trasnos descansando así que non fagades moito ruído non vaia a ser que os nosos trasnos esperten e se poñan a facer trasnadas polo colexio...
Mais... como é isto posible? Como chegaron todos estes animais e os cogomelos ao noso xardín?
Pois moi fácil: cun pouco de traballo artístico dos nosos nenos e nenas que os pintaron e reciclando as botellas de auga que utilizamos no comedor pegándollas por detrás para que non se caian.
PATIO EXTERIOR
Outro espazo que quixemos recuperar é un dos patios exteriores do noso centro ao que é difícil acceder xa que queda como un espazo pechado entre dous dos laterais. Neste espazo medra “mala vexetación” e enredadeiras que estaban empezando a invadir os ventanais do colexio: será que elas tamén querían estudar?
O primeiro que fixemos foi cortar o seu talo para que as ramas máis altas e as follas secaran de xeito que fose máis fácil arrincalas.
Unha vez que secaron procedemos a súa eliminación cos nenos e nenas do 3º ciclo:
O MURO EXTERIOR
O muro exterior do noso centro, é outro dos espazos que levamos tempo querendo recuperar xa que están caendo parte das masas e a beirarrúa ten varios buratos.
Os nenos e nenas foron os encargados de encher os buratos das beirarrúas con pedras:
E co material donado polo concello; algúns pais e familiares viñeron o sábado voluntariamente a arranxalos e darlle masas ao muro:
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E POLO VOSO TRABALLO!!
O NOVO XARDÍN
Fai tempo que lle vimos dando voltas ao espazo que temos debaixo das escaleiras principais do colexio. Queriamos facer algo nel porque non nos gustaba como estaba:
Como é un espazo interior ao que non lle da a luz do Sol non podiamos plantar nada nel... ou si?
Quizais unhas flores de cores?
Pensando, pensando, pensando... ocurriúsenos o seguinte:
1º) Pintamos uns cartóns de leite de verde para os talos
2º) En caixas de cartón de cereais, galletas, zapatos... debuxamos flores e follas que despois pintamos de cores
3º) Pegamos as flores e as follas aos talos.
4º) Colocamos tódalas flores no seu lugar para conseguir o noso xardín de flores de cores.
Agora xa temos un soleado, florido, fermoso e alegre xardín!
CORREDOR PRINCIPAL
O traballo que queremos facer no corredor principal do colexio divídese en dúas partes. Por un lado, restaurar os bancos e por outro, crear un xardín no espazo que hai baixo as escaleiras.
Para a primeira parte do traballo, restaurar os bancos, contamos tamén coa axuda de varias nais que veñen a lixar os restos de verniz vello e pintar: