Día da árbore
DÍA DA ÁRBORE - VISITA AO VIVERO OS TROLLOS - BÓVEDA (22/03/2024)
Dende o GDR Ribeira Sacra-Courel propuxéronnos conmemorar o día da árbore 2024 no viveiro de Os Trollos no concello de Bóveda nunha actividade medioambiental conxunta na que nos reunimos escolares de infantil e primaria de diferentes centros de educación do territorio do GDR.
Á chegada, estábanos esparando un axente forestal que nos fixo entrega dunhas camisetas conmemorativas. Despois repartímonos en 3 grupos e fomos realizando as diferentes actividades previstas:
- TALLER DE SEMENTES: neste taller cada participante fixo unha maceta coa semente dun castiñeiro na que pegou o seu nome. Estas macetas quedarán no viveiro coa idea de que o vindeiro ano volvamos para recollelas e prantalas alí ou no noso cole.
- PLANTACIÓN DE ÁRBORES: despois dun paseo polo viveiro chegamos á zona de prantación de árbores onde cada grupo, acompoñado polo axente forestal correspondente, plantou unha árbore.
- TALLERES DE BIODIVERSIDADE: neste taller creamos un HOTEL DE INSECTOS cunha caixa de madeira a que engadimos palla, cartón, pauciños, piñas... para crear diferentes espacios para as diferentes especies de insectos pois aínda que a algunhas persoas estes animaliños non lles gustan moito, cumplen funcións moi importantes como a polinización.
Pero non todo foi traballar xa que a media mañá ofrecéronnos un picnic co que recuperamos forzas para realizar todas as actividades programadas. Neste momento aproveitamos para facernos fotos de grupo e coas autoridades presentes como a nosa veciña Raquel Arias.
Para rematar entregaronlle a cada participante un kit para o montaxe dunha caixa nido/comedeiro de paxaros e unha medalla de madeira que puideron personalizar.
MOITAS GRAZAS AO GDR RIBEIRA SACRA - COUREL POLA ORGANIZACIÓN DESTA XORNADA QUE INCLUÍU TAMÉN O TRANSPORTE.
ESPERAMOS VOLVER O ANO QUE VÉN PARA PLANTAR AS NOSAS ÁRBORES!!
8ª SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA (18-22/3/2019)
O alumnado de Primaria adicou a Hora de Ler a facer unha lectura colectiva dos libros que nos enviaron desde a Deputación de Lugo para esta data: O poder da auga de Xose A. Perozo.
PLANTAMOS UN SALGUEIRO (22/03/2018)
Os libros de lectura que nos enviou a Deputación de Lugo para conmemorar a 7ª Semana escolar da árbore e da auga, tiñan como protagonista a un salgueiro.
Por iso, ademais de ler os libros e reflexionar sobre eles, hoxe plantamos un salgueiro que tamén nos enviaron nesta campaña.
Esperemos que medre san e forte no noso colexio!
7ª SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA
Unha das actividades é que o alumnado de Primaria adique a Hora de Ler a facer unha lectura colectiva dos libros que nos enviaron desde a Deputación de Lugo para esta data: A invención do salgueiro de Xose A. Perozo e Viki Berre.
PLANTAMOS FRUTAIS (21/3/2018)
Despois de plantar pola mañá 200 castiñeiros no monte de Doade, pola tarde quixemos plantar tamén no colexio.
Neste caso plantamos árbores frutais a través do Programa Voz Natura.
I XORNADAS DE DINAMIZACIÓN E VALORIZACIÓN DO RURAL (22/3/2018)
A asociación Sober Vivo acaba de organizar as I Xornadas de Dinamización e valoración do rural.
Unha das actividades destas xornadas foi a Xornada Didáctica na que participamos hoxe: A infancia e o coidado do Medio Ambiente que comezou no Souto de Lobios.
Desde alí fomos ao Piñeiral de Doade.
Despois de repoñer forzas, foi o momento de plantar 200 castiñeiros no monte de Doade coa axuda do Distrito Forestal Terras de Lemos, membros da asociación e algúns papás.
Podedes ver todas as imaxes desta actividade na GALERÍA DE IMAXES. Ademais tamén estivo presente a Televisión de Galicia emitindo en directo para o seu programa A Revista. As conexións con nós, prodúcense no minuto 18 e no 52.
Desde o centro queremos dar as grazas aos organizadores destas xornadas por ter en conta ao noso alumnado que veu encantado desta experiencia.
SEMENTAR, SEMENTAREI (21/03/2018)
No viveiro visitaron a súa aula forestal que ten unha exposición relacionada co ciclo das árbores e a transformación da madeira.
Ademais participaron nos seguintes obradoiros:
SEMENTAR, SEMENTAREI (21/03/2018)
Los estudiantes, acompañados por sus profesores y responsables del GDR, participaron de forma grupal en tres talleres formativos relacionados con el cuidado del medioambiente, la alimentación de aves y la recuperación de terrenos quemados "para que aprendan a valorar todo lo que tienen", según aseguró el responsable de esta iniciativa, Martín Alemparte, gerente del GDR.
Además, visitaron el aula forestal de Os Trollos, donde los alumnos tuvieron la oportunidad de conocer las características de un árbol y las diferentes especies que pueblan la zona. La actividad tendrá continuación el 18 de abril en Folgoso do Courel en una jornada en la que los alumnos construirán cajas-nido para aves y aprenderán cómo se regenera una zona quemada tras un incendio.
El objetivo es que, gracias a un aprendizaje activo, las próximas generaciones "aprendan a valorar el entorno que le rodean para que en un futuro ayuden a conservarlo", según Martín Alemparte.
SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA
ESPECIAL LA VOZ DE GALICIA: VI SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA (6/4/2017)
La Voz de Galicia publicou hoxe 6/4/2017 o especial VI Semana Escolar da Árbore e da Auga da Provincia de Lugo onde recollen información desta conmemoración en todos os centros da provincia de Lugo que participaron.