Normas
INSTRUCCIÓNS PARA O PAGO DO COMEDOR
Aviso ás familias:
A continuación adxúntanse as instruccións para cumplimentar a autodeclaración necesaria para o cálculo do coste do servizo de comedor que como o ano anterior dependerá da renda anual familiar.
Os impresos encóntranse a vosa disposición na Secretaría do centro onde os podedes recoller para entregalos antes do día 10.
»
Funcionamento do comedor
- Os alumnos do segundo e terceiro ciclo de Primaria poñerán as mesas á hora do recreo. Cada día correspóndelles a catro alumnos seguindo as quendas establecidas no taboleiro de anuncios para cada día do mes.
- Ao finalizar aas clases da mañá os alumnos entrarán no comedor sen correr e sen alborotar e sentaranse no seu lugar, o cal se establece o primeiro día de cada curso.
- Os nenos de Primaria estarán distribuídos de maneira que en cada mesa haxa nenos de todos os cursos. Ademáis sentaranse un ou dous profesores en cada unha delas para vixiar e organizar.
- Os nenos de Educación Infantil sentaranse todos xuntos nunha mesa máis pequena e ao seu lado colocarase outra máis grande onde comerán a profesora de Infantil, a encargada do comedor e dous nenos ou nenas de sexto curso de Primaria, que o farán por quendas semanais. Tanto as profesoras coma os alumnos ou alumnas serviranlles a comida aos nenos de Infantil, axudaranlles a cortar os alimentos cando sexa nacesario e recollerán o seu servicio.
- Nas mesas de Primaria os nenos maiores encargaranse de servir despois de que a cociñeira poña as fontes e bandexas nun carro no comendor. Tamén recollerán as fontes e levantarán os manteis cando todos teñan terminado de xantar.
- Ao rematar, cada neno poñerá o seu servizo nun carro que a cociñeira levará de volta para a cociña.
- Os desperdicios botaranse en diferentes baldes que se atopan no mesmo comedor, separando os envases (botellas de plástico, bricks, iogur...), o papel e os restos orgánicos.
- Finalmente, e tamén por quendas semanais, os alumnos levarán os residuos aos colectores de recollida selectiva de lixo que se atopan no exterior.
- Todos os días hai un primeiro prato, un segundo e unha sobremensa. É obriga comer de todo e o alumno que rexeite algún prato debe probar un pouco para familiarizarse co seu sabor.
- Non se debe berrar. Hai que falar baixo.
- Non se debe levantar, agás no caso de nacesidade, como servir, recoller ou ir ao sevizo.