Educación física

CAMPAÑA DE PROMOCIÓN BÁDMINTON +PLUS BY TOYOTA

     Os alumnos de 3º a 6º de primaria durante a mañá do 28 de maio, participaron na Campaña de Promoción Bádminton +Plus by Toyota da man de Jesús Gómez, Presidente e adestrador do Club Escola Rosalía (Vigo).

   Separados en grupos de convivencia, os rapaces e rapazas aprenderon os nomes dos materiais cos que se xoga ao bádminton, un pouco de historia deste deporte e como chegou a España, sendo Vigo a porta de entrada e Galicia, unha das comunidades que máis deportistas de bádminton teñen federados.

   Despois, foron practicando agarres básicos da raqueta e os golpes máis sinxelos con volantes de iniciación primeiro e logo de competición.

    A continuación, aplicaron estes xestos técnicos a situacións xogadas e terminaron xogaron primeiro partidos individuais e por último, partidos de dobres mixtos.

    Os alumnos gozaron e aprenderon moito deste deporte tan técnico e apaixonante como é o bádminton.

            

 

           

 

                    

 

 

DEPORTE NA CASA #deportenacasa (14/4/2020)

 Durante estes días de vacacións recibimos dúas novas propostas do reto DEPORTE NA CASA #deportenacasa.

 

    Hoxe compartimos as propostas de Carla, Lara e de Noa.

 

MOITAS  GRAZAS  POR  PARTICIPAR!!

 

DEPORTE NA CASA #deportenacasa (8/4/2020)

   Hoxe compartimos os últimos vídeos do reto DEPORTE NA CASA #deportenacasa.

 

   Rematamos coas propostas de Hugo, Pablo, Laura, Flora e a profe Lorena.

MOITAS  GRAZAS  POR  PARTICIPAR!!!

 

DEPORTE NA CASA #deportenacasa (7/4/2020)

  Continuamos a semana con dúas novas propostas do reto DEPORTE NA CASA #deportenacasa.

 

    Hoxe compartimos as actividades de Saúl e de Julieta.

 

 MOITAS  GRAZAS  POR  PARTICIPAR!!

DEPORTE NA CASA #deportenacasa (6/4/2020)

   

Comezamos a semana con dúas novas ideas para seguir facendo DEPORTE NA CASA #deportenacasa.

 

    Hoxe compartimos un partido de baloncesto de Darío, Héctor e Diego e un circuíto exterior de Xiana, Gabriel, Cristian e Brais.

 

MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  PARTICIPACIÓN!!

 

 

DEPORTE NA CASA #deportenacasa (4/04/2020)

   

   Temos dúas novas ideas para seguir facendo DEPORTE NA CASA #deportenacasa.

 

    Hoxe achegámosvos a proposta de César e o baile de Antía, Ada e Teo.

 

 

 

MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  PARTICIPACIÓN!!

 

 

DEPORTE NA CASA #deportenacasa (3/4/2020)

    Continuamos co reto DEPORTE NA CASA #deportenacasa.

 

    Hoxe achegámosvos a proposta da profe Inés para facer dentro da casa e o baile de Daniela e Alexia.

MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  PARTICIPACIÓN!!

 

DEPORTE NA CASA #deportenacasa (2/4/2020)

    Seguimos co reto DEPORTE NA CASA #deportenacasa.

    Hoxe compartimos dúas propostas que nos chegan de dúas alumnas de Educación Infantil: Leonor e Silvia coa súa prima.

 MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  PARTICIPACIÓN!!

 

DEPORTE NA CASA #deportenacasa (1/04/2020)

Bos días!

Comezamos a publicar os vídeos coas vosas actividades físicas na casa!

 

HOXE  DOUS  CIRCUÍTOS:

O primeiro enviado por Pilar é para facer dentro da casa.

 

O segundo, enviado por Lucas e a súa nai Silvia, se tedes un xardín ou espazo libre.

 

ESPERAMOS  QUE  REMATEDES

O  CONFINAMENTO  EN  FORMA!!

 

DEPORTE NA CASA #deportenacasa

   Dende o Departamento de Educación Física propoñemos un novo reto: DEPORTE  NA  CASA!!

 

    Que estemos na casa non quere dicir que non poidamos facer deporte e exercitar o noso corpo pois xa sabedes que o deporte reporta moitos beneficios para a nosa saúde.

 

      PROPOÑÉMOSVOS  QUE  GRAVEDES  UN  VÍDEO FACENDO ALGUNHA ACTIVIDADE FÍSICA NA CASA ADECUADA Á VOSA IDADE CON ALGUÉN DA VOSA FAMILIA (Yoga, circuítos, baile, estiramentos...) E  NOLA  MANDEDES  AO @  DA BIBLIOTECA (biblioteca.virxedocarme@gmail.com) CO OBXECTIVO DE DARNOS IDEAS UNS A OUTROS E MANTERNOS EN FORMA DURANTE  ESTES  DÍAS  DE  CUARENTENA.

  

ANIMÁDESVOS??
 
ESPERAMOS  OS  VOSOS  VÍDEOS  PARA  FACER  UN  ARQUIVO  CON  MOITAS  POSIBILIDADES  DE  DEPORTE  NA  CASA!!
 
Distribuir contido