Taboleiro

SOBERICIAS. O XORNAL QUE CONTA AS MELLORES NOTICIAS (ou non...) - Marzo 2024

     Por segundo ano, durante o mes de marzo (especialmente na semana da prensa), no centro desenvolvemos unha situación de aprendizaxe baseada nos medios de comunicación que ten como resultado o segundo número deSobericias, o xornal que conta as mellores noticias (ou non...) no que poderedes ler noticiais reais pero tamén outras que non o son tanto (as chamadas fake news).

     Quixemos editar un novo número deste xornal porque seguimos pensando que a desinformación (noticias falsas, información sesgada, manipulación de titulares...) é un problema ao que o noso alumnado se deberá enfrontar pois, por desgraza, non todas as noticias que se publican son fiables.

 

     Deste xeito as crianzas poden entender a problemática actual das diferentes informacións falsas que se poden atopar en medios impresos, televisión, radio ou publicacións en rede (onde ademais poden acabar viralizándose) e comprobar de primeira man o doado que é xerar este tipo de noticias.

 

    Por todo isto, parécenos fundamental seguir compartindo co alumnado experiencias que inclúan a análise dos medios de comunicación que forman ou formarán parte da súa vida cotiá.

    Esperamos que saibades apreciar todo o traballo desenvolvido polo alumnado. Nós como docentes, estamos moi orgullosas deles.

XORNAL MARZO 2024 de biblioteca.virxedocarme

AGASALLO ANPA (21/03/2024)

   Este trimestre recibimos para Ed. Infantil tres bandexas Tuff Tray, un  agasallo doado pola ANPA.

   Estas bandexas son un fantástico marco de xogo e experimentación para as crianzas, que ofrecen multitude de posibilidades.

   Xa as empregamos en diferentes actividades e  encantáronnos!
 
Seguro que as imos desfrutar moito!
 
MOITAS GRAZAS A ANPA POR ESTE AGASALLO!!!
 

DESPEDIDA ALBA (15/03/2024)

    Hoxe despedimos a  Alba, mestra de 3º e 4º de Educación Primaira que estivo con nós desde xaneiro, e para que non nos olvide entregámoslle un agasallo da olería de Gundivós.

  

Esperamos que teñas moita sorte no teu novo destino, aquí estaremos encantados de recibirte cando queiras vir a visitarnos.

 

 

BAILAMOS TOD@S (11/03/2024)

  Dentro da conmemoración do Día da Muller, realizamos na biblioteca a actividade BAILAMOS TOD@S organizada pola ANPA a través de FACAPEL co grupo TROUPELEAR.


   
A finalidade deste obradoiro esta desterrar roles de xénero a través de xogos bailados da nosa tradición dándolles unha perspectiva diferente para achegalos aos nosos días.

 

    Así xs nosxs alumnxs cantaron, percutiron e realizaron diferentes bailes que lles axudaron a tomar conciencia dos seus corpos e dos corpos dos demais e a  interaccionar entre eles.

 

MOITAS  GRAZAS á ANPA por organizar esta actividade tan interesante e divertida coa que seguir creando conciencia de xénero.

 
 
 

AGASALLO ANPA (Nadal 2022)

Este mes recibimos un agasallo adiantado de Nadal: 2 TV Smart!!

Estas televisións foron doadas pola ANPA a través dun benefactor particular e xa están funcionando na aula de 1º e 2º de Primaria e na aula de música e plástica.

 MOITAS  GRAZAS  POR  ESTA  DOAZÓN  QUE  AXUDA  A  SEGUIR  DIXITALIZANDO  O  NOSO  CENTRO!!

 

BIBLIOAXUDANTES NA PRENSA (13/11/2022)

    Con motivo da celebración da Xornada de bibliotecas escolares de Galicia deste curso que se celebrou en Santiago o 12 de novembro, o xornal El Progreso publicou un artigo no que falan dos nosos/as biblioaxudantes.

 
El Progreso, 13/11/2022
 
 

 ENLACE Á  PUBLICACIÓN  DIXITAL

 

 

DESPEDIDA ISA (11/11/2022)

    Hoxe despedimos a  Isa, a mestra de 6º de Educación Infantil que levaba con nós desde principio de curso e para que non nos olvide, entregámoslle de agasallo un floreiro de olería de Gundivós.

   Por se non sabía a importancia desta olería, Germán, Martín e a profe Montse encargáronse de explicarlle o proceso de elaboración da mesma.

 

 Esperamos que teñas moita sorte no teu novo destino e xa sabes que aquí estaremos encantados de  recibirte cando queiras vir a visitarnos.

 

 

 

BENVIDOS AO CURSO 2021/2022!!

BENVIDOS AO  NOVO  CURSO  ESCOLAR  2021 / 2022 !!

    O 9 de setembro comeza este novo curso escolar para Educación Infantil e Primaria.

 

    Desde o primeiro momento funcionarán con normalidade os servizos de transporte e comedor no horario habitual (9:45 - 15:45) aínda que mantendo os protocolos e os procedementos derivados da situación sanitaria COVID.

 

    Para aclarar o protocolo e outros aspectos pedagóxicos e organizativos fundamentais para o desenvolvemento deste curso convocámosvos a unha reunión coas titoras correspondentes no seguinte horario:

      INFANTIL A (3 e 4 anos): luns día 6 ás 12:00 hrs

      INFANTIL B (5 anos): martes día 7 ás 12:30 hrs

      1º e 2º PRIMARIA: martes día 7 ás 12:30 hrs

      3º e 4º PRIMARIA: martes día 7 ás 11:30 hrs

      5º e 6º PRIMARIA: martes día 7 ás 12:30 hrs

 

   Esperamos que veñades con moita ilusión despois de todo este tempo sen vernos, con entusiasmo e cun montón de ganas de aprender cousas novas.

Estámosvos esperando... BENVIDOS!!

 

DOAZÓN PURIFICADORES DE AIRE (22-01-2021)

   A empresa soberina AN.DI.TEL Instalacións, S.C.  fixo hoxe unha doazón de 6 purificadores de aire para as dependencias do centro.

 Con estes purificadores acadaremos un aire máis puro e limpo xa que elimina o 99,95 % dos seus contaminantes.

Desde o centro agradecemos esta iniciativa da familia dunha das nosas alumnas.

MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  DOAZÓN!!

 

DOAZÓN ANPA (16/10/2020)

    A presidenta da ANPA fixo hoxe unha nova doazón de máscaras para o alumnado do centro (500 para Infantil e primeiros cursos de primaria e 300 para os máis maiores). Estas máscaras permanecerán no centro para usar en caso de necesidade (rotura, esquecemento...)

MOITAS  GRAZAS  Á  ANPA  POR  ESTA DOAZÓN!!

 

 

Distribuir contido