2024 / 2025

SAMAÍN 2024

Para celebrar Halloween e Samaín no colexio e na biblioteca fixemos un montón de actividades.

   

Comezamos decorando o colexio con creacións artísticas terroríficas e cunha exposición de cabazas e outros obxectos terroríficos.

 
 

 

Tamén no corredor principal, houbo unha exposición de libros dedicada a lecturas de medo.

 

  Outra actividade que fixemos e que lles gusta moito é o certame de creación literaria no que lle demos ao alumnado o principio dun libro para que reinventara a historia; este ano os libros escollidos foron Morto de fame de El Hematocrítico e As probas do Mago de Vanessa Santiago.

 

     Nestas imaxes podedes ver aos participantes no certame e aos gañadores que nos leron os seus relatos na biblioteca. Se vós tamén queredes escoitar os relatos gañadores podedes facelo nos seguintes podcast.

 
 

 

 

 

 

  Para rematar, tivemos unha festa no patio do colexio onde o pasamos xenial!!

 

 
 
SAÚDOS  TERRORÍFICOS  FAMILIAS!!!

GALERÍA  DE  IMAXES

 

 

 

ANIMACIÓN Á LECTURA CON SABELA GAGO (29/10/2024)

   Hoxe todo o alumnado do colexio asistiu na biblioteca a unha sesión de animación á lectura coa actriz Sabela Gago da man da editorial Vicens Vives.

  

 

   Foi unha actividade moi divertida e participativa na que as crianzas do colexio souberon das aventuras das pantasmas Felipe e Felipa que buscaban un lugar no que vivir.

 
 

 

Podedes ver máis imaxes na GALERÍA  DE  IMAXES

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2024

    Desde 1997, o día 24 de outubro, conmemórase oDía das Bibliotecasco "obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao traballo dos bibliotecarios/as".

 

    Nós aproveitamos esta conmemoración para inaugurar o curso na biblioteca do cole facendo diferentes actividades. O primeiro que estivemos facendo foi formación de usuarios para lembrar as normas da biblioteca, a CDU, as etiquetas dos libros...

 

 

   Pero, sobre todo, estivemos facendo fincapé na organización da biblioteca xa que, coa axuda dos biblioaxudantes, estivemos facendo cambios na distribución dos andeis.

 
 
 

Ademais da formación de usuarios tamén entregamos os premios aos participantes no reto lector do verán do curso 2024:

 

 

   Para rematar esta conmemoración todo o alumnado recibiu o marcapáxinas conmemorativo deste día escrito polo colectivo Erre que Erre como texto agasallo para o Colectivo Lemos Le que este ano dedicará o traballo do curso á proposta para o Día das Letras Galegas: á tradición oral; concretándoa nos brindos de A Pobra do Brollón.
 
 
FELIZ  DÍA  DAS  BIBLIOTECAS!!
 

BIBLIOTECA ESCOLAR, A ESCENA! (Texto: Asesoría Bibliotecas Escolares)

 

     O cartaz que acompañará as bibliotecas escolares de Galicia neste curso  "Representa unha obra teatral do poema de Xohana Torres "Eu tamén navegar", no que Penélope (da Odisea) deixa o tapiz que traballa e desfai e sae a vivir aventuras. Despois ao regreso remata o tapiz engadíndolle novos elementos da súa viaxe (o tapiz que hai detrás da nena que está a leer a obra teatral)" segundo indica a súa autora, a ilustradora e muralista Xoana Almar
 
 
     Unha imaxe enraizada no cartelismo galego que abre as portas a traballar o teatro en todas as súas variantes. As nosas bibliotecas escolares saen a escena para ler, interpretar, radiar, escribir e gozar co TEATRO.

 

Distribuir contido