INFORMACIÓN

MAQUETAS 50 ANIVERSARIO (04/06/2024)

   Con motivo do 50 aniversario do colexio, convocouse un certame de maquetas do noso centro para o alumnado de Primaria. Neste certame a realidade superou ás expectativas tanto por participación como pola calidade das maquetas que os alumnos e alumnas presentaron así que decidimos recoñecer  o esforzo de todos os participantes cun agasallo que consistía en material escolar para que poidan seguir desenvolvendo o seu talento artístico.

 
 

   Nas seguintes imaxes podedes ver ás crianzas que participaron coas súas maquetas; pero non vos preocupedes se non as vedes ben nas fotos porque o día da comida estarán expostas no pavillón do colexio para que todos disfrutedes destas preciosas maquetas!

 
 

 

 

 

 

 
 

 

 

XA TEMOS CARTEL PARA CONMEMORAR O 50 ANIVERSARIO DO COLE

  Hoxe descubrimos o cartel oficial da conmemoración do 50 aniversario do cole!!

 

 

  Para a composición final do cartel, utilizamos os debuxos orixinais de Laura Trigo e de Candela que recibiron o seu merecido premio!!

 

Na parte superior podedes ver as letras coloridas de Laura Trigo que indican o motivo da nosa conmemoración: o 50 aniversario!

 

 

  No centro atopamos a proposta de Candela que nos mostra como cambiaron as aulas e a forma de dar clase desde 1974 ata 2024.

  Na aula de 1974 atopamos un encerado tradicional cunha raíz cadrada, un mapa, un crucifixo, o globo terráqueo e o retrato de Franco, mentres que na aula de 2024 podemos ver novas tecnoloxías como os ordenadores ou o encerado dixital; se ata o nome cambiou nestes 50 anos pasando de COLEGIO PÚBLICO DE EGB VIRXE DO CARME a CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME!

 

 

  Ademais tamén fixemos entrega de agasallos a todos os alumnos e alumnas que participaron no certame.

 

MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  PARTICIPACIÓN!!

 

Distribuir contido