2023 / 2024

DESPEDIDA BIBLIOAXUDANTES 2023/24

    Hoxe remata o curso e polo tanto pechamos tamén as actividades da biblioteca e facémolo DÁNDOLLE  AS  GRAZAS  AOS  BIBLIOAXUDANTES!!

     Aínda que este ano xa recibiron como premio un obradoiro por ser seleccionados no programa de Volunntariado de Lectura - A, tamén desde o centro quixemos facerlle entrega duns pequenos agasallos.

 

MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  DEDICACIÓN  Á  BIBLIOTECA!!

A algúns vémosvos o próximo ano pero aos que marchades para o instituto... moita sorte, botarémosvos de menos!!

 

CARTAS DENDE A RÍA - VISITA DO CEIP DE SEARA - MOAÑA (18 - 06 - 2024)

   Hoxe recibimos a visita do CEIP de Seara para rematar o proxecto Cartas dende a ría. Aínda que pensabamos recibilos no  mirador de Cadeiras e merendar alí con eles, a chuvia decidiu acompañarnos e por iso merendamos no pavillón do colexio onde o alcalde de Sober nos acompañou para recibilos.

 
 

   Despois desta merenda, o alumnado do CEIP de Seara reapartiuse en grupos, para realizar diferentes visitas:

    O alumnado de Infantil foi de visita á Granxa da Escola onde Diego e Noelia lles ensinaron as súas instalacións e algunhas das actividades que levan a cabo na súa granxa de ovellas que nesta época está chea de cordeiriños.

 
 
 

  O alumnado de 1º e 2º de Primaria estivo na Casa da Fonte, unha granxa onde lles ensinaron as vacas, como as ordeñan e como elaboran produtos artesanais co leite que recollen do seu gando: queixo, manteiga, iogurt... 

 
 

   Mentres tanto os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria, visitaron á Rectoral de Gundivós onde Elías lles fixo unha demostración de olería tradicional durante a que elaborou un xarro mostrándolles todos os pasos deste proceso: modelado inicial, secado, cocido, cor e impermeabilizado con resina de pino.

 
 

 

    O alumnado de 5º e 6º coñeceu a Rectoral de Amandi onde descubriron os procesos de cultivo, elaboración e embotellado do viño  finalizando coa degustación de mosto sen alcol. Tamén puideron visitar o mirador desde o que contemplaron a fermosa paisaxe que forman os viñedos.

 
 
   Despois destas visitas volvemos a atoparnos todos no pavillón do colexio onde disfrutamos dun xantar de confraternidade e de divertidos momentos de xogo.
 
 

 

   Antes de que marcharan entregámoslles uns recordos que os nosos alumnos lles fixeron: uns puntos de lectura decorados por eles conmemorativos desta xuntanza e uns fermosos e coloridos chaveiros feitos con corchos de botellas de viño pintados e decorados que tamén levaban unha pequena placa impresa en 3D conmemorativa desta xornada.
 
 
 
 

  MOITAS  GRAZAS  POR  ESTA  VISITA!!

 AÍNDA  QUE  FOI  UN  DÍA  PASADO  POR  AUGA,

SEGURO  QUE  NON  OLVIDAREMOS  OS  MOMENTOS  VIVIDOS!! 

GALERÍA  DE  IMAXES

 

OBRADOIRO VOLUNTARIADO DE LECTURA - A

   Como xa anunciamos, xunto a outras nove bibliotecas escolares, o equipo de Biblioaxudantes do noso centro foi seleccionado na convocatoria de Voluntariado de Lectura - A para o curso 2023 - 2024  na que se lle recoñece o traballo de colaboración que veñen desempeñando os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria nas bibliotecas escolares de forma voluntaria en actividades de xestión, organización e lecturas compartidas dentro do centro.

 

    Por esta selección, recibimos no centro un obradoiro de Pablo Otero "Peixe" escritor, ilustrador e pintor galego nado en Ourense co que realizaron dúas actividades diferentes.

    A primeira actividade consistiu na realización de ideogramas que son imaxes ou símbolos que representan unha idea. O reto era conseguir representar o significado dunha palabra utilizando as letras que a forman como Pablo nos mostrou nestes exemplos.

  Partindo das ideas propostas, os biblioaxudantes recibiron varias palabras ao azar e estes foron algúns dos resultados:

 

   A segunda parte do reto consistía en facer o mesmo cos seus nomes: intentar representar algo da súa personalidade coas letras dos seus nomes e... vaia imaxinación teñen estes biblioaxudantes!

 

    A segunda parte do obradoiro foi o xogo Liso - Rizo, un xogo que explora a diversidade de talentos e habilidades de todo o grupo para aprender a perder e tamén aprender a gañar.

 

 

    Realizando probas moi divertidas, o xogo serviunos para reflexionar sobre a importancia da convivencia e do respecto aos compañeiros e sobre a resolución pacífica de conflictos.


 
MOITAS  GRAZAS  Á  ASESORÍA  DE  BIBLIOTECAS  ESCOLARES  E  A  PABLO  OTERO  POR  ESTE  OBRADOIRO  QUE  RECOÑECE  O  LABOR  DOS  BIBLIOAXUDANTES!!
 

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Edhai (14/06/2024)

    Para rematar a actividade As familias contan deste curso, contamos cunha familia que era a primeira vez que viña a contar: Loli e Paula, nai e irmá de Edhai. Foi unha actividade con sorpresa xa que recibimos a Paula con moita ledicia xa que non fai moito aínda que era alumna do noso centro.

   Elas viñeron a lernos o libro Palabras con corazón escrito por Kate Jane Neal da Editorial Cubilete.

 

   Con este libro aprendemos que hai palabras que fan chorar e outras que fan rir; palabras para cousas grandes ou para cousas moi pequenas; tamén hai palabras silenciosas e outras que fan ruído...

 

 
 Palabras para nomear cousas marabillosas pero tamén palabras que nos poden ferir.

 

 As palabras teñen moito poder! E as palabras que lle dedicamos a outras persoas poden axudalas ou servirlles de ánimo así que o mundo pode ser un lugar mellor grazas as palabras que decidimos dicir.

 

A partir de agora, pensade ben as palabras que dicides  para facer ver se entre todos podemos chegar a facer do mundo ese lugar mellor.

 

Podedes escoitar este libro no seguinte podcast que nos deixaron gravado en Radiuvín.

 

 

MOITÍSIMAS  GRAZAS  ÁS  DÚAS  POR  VIR  A  COMPARTIR  ESTE  LIBRO  CON  NÓS!!

 

PREMIO VOLUNTARIO DE LECTURA - A

    Desde hai varios cursos, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participa no programa Bibliotecas Escolares Solidarias na modalidade Voluntariado na biblioteca escolar en dúas categorías: Categoría A: Colaboración coa biblioteca escolar e Categoría B: Ler con... D.

      Este ano tivemos un gran equipo de biblioaxudantes e o seu traballo fixo que sexamos un dos 10 centros seleccionados de Galicia que recibirá un obradoiro como premio!

  

    Estamos moi contentos porque este é un programa que lles axuda máis aló do currículo.

    A Categoría A: colaboración coa biblioteca, fai que sexan máis responsables xa que teñen que cumprir as súas quendas e “facer cumprir” as normas da biblioteca e solidarios xa que implica a renuncia dalgúns dos seus tempos de lecer en favor dos compañeiros; sobre todo, no referido á axuda que prestan os/as biblioaxudantes aos máis pequenos en canto á organización da biblioteca, ao uso de medios tecnolóxicos, ao uso dos escornabots, á mediación se xurde algún tipo de conflito...

 

   O desenvolvemento da Categoría B: Ler con... D, axúdalles tamén a ser máis responsables xa que se comprometen a realizar unha tarefa de lectura que leva implícita preparación fóra do tempo escolar adicando parte do seu tempo de lecer e tempo extraescolar de xeito voluntario e isto tamén os fai máis empáticos e mellora as relacións internivel do alumnado.

 
MOITAS  GRAZAS POR  ESTE  RECOÑECEMENTO  AO  SEU  LABOR!!

 

DÍA DO MEDIO AMBIENTE (5/06/2024)

      A Asamblea Xeral das Nacións Unidas proclamou en 1972 o 5 de Xuño como Día Mundial do Medio Ambiente coa finalidade de sensibilizar á poboación mundial sobre a importancia de coidar a natureza, de respectar os ecosistemas e de fomentar o respecto ao medio ambiente; obxectivos que tamén forman parte de Axenda 2030.

 

    No colexio quixemos sumarnos a conmemoración deste día e para iso nas clases de Plástica o alumnado fixo un mural sobre este día que colgamos no corredor. Despois os biblioaxudantes prepararon a lectura do libro Rescate Planeta de Patrick George.

 

   Coa lectura deste libro Lara, Nayara e Ada, compartiron pequenas accións que todos podemos levar a cabo para que o noso mundo sexa máis verde.

 

 

Que tal se usamos menos os coches particulares e imos en transporte público ou bicicleta?

 

Non podemos esquecernos de recoller sempre o lixo e non tiralo ao campo nin ao mar.

 

Non encender as luces se non é necesario, reutilizar obxectos que poidan ter unha segunda vida, separar reseiduos, reciclar o plástico, plantar unha árbore...

ESPERAMOS  QUE  ESTA  LECTURA  NOS  AXUDE  A  CONCIENCIARNOS  UN  POUCO  MÁIS  SOBRE  O  NECESARIO  COIDADO  DO  MEDIO  AMBIENTE!!

 

MAQUETAS 50 ANIVERSARIO (04/06/2024)

   Con motivo do 50 aniversario do colexio, convocouse un certame de maquetas do noso centro para o alumnado de Primaria. Neste certame a realidade superou ás expectativas tanto por participación como pola calidade das maquetas que os alumnos e alumnas presentaron así que decidimos recoñecer  o esforzo de todos os participantes cun agasallo que consistía en material escolar para que poidan seguir desenvolvendo o seu talento artístico.

 
 

   Nas seguintes imaxes podedes ver ás crianzas que participaron coas súas maquetas; pero non vos preocupedes se non as vedes ben nas fotos porque o día da comida estarán expostas no pavillón do colexio para que todos disfrutedes destas preciosas maquetas!

 
 

 

 

 

 

 
 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS (20/05/2024)

    Desde 1977, o 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos (DIM) para concienciar sobre o feito de que os museos son un importante medio para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas e o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e da paz entre os pobos.

    Nós quixemos converter o colexio nun gran museo e para iso convertemos os corredores principais en galerías con afamadas obras pictóricas que os alumnos e alumnas de primaria reproduciron. Ademais o propio alumnado foi o encargado de realizar unha visita guiada polas súas obras.

 

  Comezamos a visita na galería de Infantil A, estas crianzas pequeniñas reproduciron "O grito" de Munch, "Noite estrelada" de Van Gogh e "Estudio da cor. Cadrados con círculos concéntricos" de Kandinsky.

  Ademais explicáronos moitísimas cousas e curiosidades sobre estas obras.

   Na exposición correspondente á aula de Infantil B, achegámonos ao puntillismo, que é unha técnica artística que consiste en facer unha obra mediante pequenos puntos, como ben nos explicaron os alumnos desta aula.

 

    Subimos as escaleiras e atopámonos coa exposición de 1º e 2º de Primaria dedicada a Kandinsky que foi un pintor ruso considerado como un dos fundadores do abstracto. Estes alumos presentáronnos dúas obras "Several circles" e "Árbore da vida"

 
 

   Continuando o percorrido chegamos ao espazo de 3º e 4º de Primaria. Eles reproduciron varias cadros do pintor catalán J. Miró, un pintor ao que lle gustaba pintar animais; sobre todo os ollos dos animais por iso hai tantos nas súas obras. 

    Primeiro observamos "O xardín"

 
 

  E despois "Muller con bonito sombreiro e estrela" e "Amencer"

 

 

 

   Para rematar, achegámonos ao recuncho de 5º e 6º de Primaria que estiveron reproducindo arte aborixe australiano e cadros de orixe xaponés.

 

 

 

 

 Así, despois de aprender moitísimas cousas sobre a pintura e os museos,  finalizou a nosa visita ao Museo do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme!!

Feliz Día dos Museos!!

  

Distribuir contido