DÍA DA PAZ 2011
Para conmemorar o Día da Paz que é o 30 de Xaneiro, creamos entre todos os nenos, nenas e profes do colexio unha gran árbore de pombas mensaxeiras cos nosos desexos de paz e non-violencia.
Cremos que esta árbore representa moi ben o que hoxe queremos propoñer: unha convivencia de non violencia no centro; unha convivencia que haberá que coidar e regar tódolos días para que non olvidemos os nosos bos desexos.
Despois de rematar a nosa fermosa árbore, cantamos unha canción de paz titulada "Quero a paz"