XORNADA DE FORMACIÓN 3D (6/10)
Hoxe asistimos en Santiago a unha sesión de formación en impresión 3D para os centros que participamos por segundo ano no proxecto piloto Escornabots na biblioteca escolar.
Foi unha xornada moi interesante na que aprendemos moito sobre deseño e impresión para poder traballar nas nosas bibliotecas con esta impresora.
De esta xornada tamén saímos con deberes. A primeira proposta foi unha unha moeda do carrito da compra personalizada coas inicias da Asesoría de Bibliotecas Escolares (ABE) á que lle puxemos un buratiño para metela no chaveiro.
A segunda proposta é aínda máis interesante xa que supón un novo Escornabot para a biblioteca!!
Desde a Asesoría déronnos todos os compoñentes electrónicos necesarios para montar un escornabot, agora nos teremos que imprimir o resto das pezas... Veremos se somos capaces!