SCRATCH JUNIOR CON ELÍAS E ROCÍO (II)

  O alumnado de 1º e 2º continúa aprendendo fundamentos básicos de programación a través de Scratch junior con Elías e Rocío.

  Nesta sesión ensináronnos que os movementos dos personaxes non teñen que comezar sempre coa bandeira verde senón que poden comenzar cando os tocamos co dedo, cando os toca outro personaxe ou cando reciben unha mensaxe doutro.  

 
 
 
   Co que aprendemos, pudiemos facer unha secuencia que imita ao xogo do pilla-pilla.

  Primeiro programamos a gato para que cando o toquemos, el diga: "Preparados, listos, ya!" e envíe unha mensaxe ao can.

 
    Despois programamos ao can para que cando reciba esta mensaxe camiñe cara a dereita intentando pillar a un coello.
 
 
    Por último programamos ao coello para que salte cando o can chegue ata el así parecerá que está intentando escapar.
 
    Aquí podedes ver un vídeo coa secuencia completa
 
 
 
XA  ESTAMOS  DESEXANDO  QUE  CHEGUE  A  SEGUINTE  SESIÓN!!