INGLÉS COS ESCORNABOTS
Para mellorar e reforzar a expresión e a comprensión oral en inglés; a profesora de inglés e a auxiliar de conversa tamén untilizan os escornabots combinándoos con tarxetas de vocabulario correspondente ás unidades didácticas traballadas nesta asignatura.
Nos cursos máis baixos o procedemento é o seguinte:
- Colócanse no taboleiro as tarxetas de vocabulario escollidas.
- O xogador lanza os dados e programa o escornabot tantos movementos como puntos obteña
- O xogador debe pronunciar o nome en inglés do obxecto, persoa, profesión, cor... da tarxeta correspondente.
- Se o fai ben gaña un punto.
- O xogo remata cando se acaban as tarxetas de vocabulario do taboleiro e gaña aquel xogador que ten máis puntos.
Nos cursos máis altos de Primaria, a actividade aumenta a dificultade.
- Colócanse no taboleiro as tarxetas de vocabulario escollidas.
- A teacher e a auxiliar de conversa farán unha question ou diranlles unha definición
- O xogador debe dirixir o escornabot á tarxeta correspondente.
- Se o fai ben gaña un punto.
- O xogo remata cando se acaban as tarxetas de vocabulario do taboleiro e gaña aquel xogador que ten máis puntos.