CIENCIA EN INGLÉS COS ESCORNBOTS (22/02/2017)
Xa que temos a Zoe, a auxiliar de conversa, na clase de Ciencias da Natureza en 1º e 2º de Primaria; traballamos os animais e vocabulario en inglés.
Colocamos as tarxetas de animais no taboleiro e tiramos os dados.
Despois, programamos o escornabot tantas movementos como puntos conseguimos na tirada; tentando caer nunha casilla con imaxe.
Se, o xogador/a coñece o nome dese animal en inglés e é capaz de dicir a qué especie pertence (Mamífero, ave, anfibio, réptil, peixe ou insecto) queda co animal para si.
Cando se rematan as imaxes de animais; gaña o xogo quen máis tarxetas teña