ENTROIDO 2017
COMANDAS DO MECO PARA O ENTROIDO 2017
O luns comezamos,
atención debes poñer,
luce sombreiro, perruca ou pano
que é o máis “fashion” este ano.
O martes está aquí
é día de prestado
colle de papá ou mamá
algo moi estrafalario.
O mércores maquillaxe,
hoxe podes escoller
pinta unllas e cara
ou ponte “tatoos” na pel.
O xoves viremos ao cole
moi guapos e guapas
no pescozo levaremos
fermosas gravatas
O VENRES É O GRAN DÍA;
O COLE É UN MUSEO!!
Obras contemporáneas ou doutros tempos:
literatura, danza, escultura,
música, arquitectura, teatro e pintura!
ÁS 12:00 VINDE TODOS AO COLEXIO
AS OBRAS DE ARTE SAEN DE PASEO!!
Pola tarde será o momento do disfraz libre; o alumnado poderá traer o disfraz que queira sempre que non sexa terrorífico ou que poida asustar aos máis cativos.
Tampouco se poden traer complementos cos que se poidan mancar: espadas, sables...