DE QUE CHE VALE? - DÍA DA PAZ 2017

    A música non pode faltar na nosa Biblioteca escolar: territorio das artes. Por iso, acabamos de ter nela un encontro con Jesús Pareja, mestre de música do CEIP San Xoán de Filgueira de Ferrol, Musicólogo, compositor e Director do Coro da Universidade Sénior de Ferrol onde tamén é mestre de Linguaxe Musical.

Neste encontro, o compositor explicoulle ao noso alumnado moitos aspectos relacionados coa música e a composición de obras tanto para nenos como pop ou máis clásicas, e eles puideron preguntarlle as súas dúbidas ao respecto.

   A continuación, puidemos gravar con él a súa canción De que che vale? coa que queremos conmemorar o Día da Paz; porque tamén se pode traballar pola paz dende a música; así que como di o retrouso:
Cantemos unidos pola paz,
tiremos do mundo pola paz,
coidemos da vida pola paz,
fagámolo xuntos pola paz.
 
    Ademais neste retrouso, poñemos en práctica as ensinanzas de Lingua de Signos; nel pódese ver como o alumnado de Primaria signa a primeira parte de cada verso; e o de infantil a parte final "pola paz"
 
    Queremos agradecerlle ao autor a súa presenza desinteresada no centro e as súas verbas tan agarimosas.
 
Na GALERÍA  DE  FOTOS podedes ver imaxes da preparación do mural,
dos ensaios, do encontro e da gravación do vídeo