DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25/11/2016)

  Desde o Equipo de Biblioteca, cremos que a nosa biblioteca non pode ignorar esta problemática; por iso quixemos loitar contra ela implicando ao alumnado nun desafío moi actual.

 
   Baixo o título: Pelexa ou aperta? os nosos alumnos aceptaron o reto do "maniquí" (mannequinchallenge) para que o que se paralice sexa a violencia de xénero.
 
 
 
    Ademais do visionado do vídeo, hoxe tamén os alumnos de 5º e 6º compartiron co resto do alumnado un par de contos que fixeron reflexionar aos máis cativos:
 
Preparando as lecturas:  
 
 
Parella guai (Mon Daporta) é un texto sobre a igualdade entre os membros da parella e no reparto das tarefas do fogar
 
 
Nin un biquiño á forza (Marion Mebes) falanos da cantidade de bicos diferentes que hai,
pero que nunca debemos aceptar nada pola forza; nin sequera os bicos.
 
Podes escoitar o conto, no seguinte vídeo