XORNADA MICOLÓXICA E MAGOSTO (11/11/2016)

    Grazas a que o tempo nos acompañou, hoxe pola mañá o alumnado de Primaria foi o encargado de saír ao campo en compañía do micólogo Ramón Losada Pérez para recoller setas e identificalas nunha actividade organizada pola agrupación Pingadouro.

   Nesta saída os nosos alumnos, disfrutaron moito pescudando entre a natureza para atopar os cogomelos que este ano estaban bastante agochados.

  

 

    Ao chegar ao centro, Ramón organizou unha exposición coas especies recollidas diferenciando as tóxicas (marcadas en vermello), as que non son tóxicas pero teñen pouco valor culinario (rotuladas en branco) e as que se poden comer (rotuladas en verde). Tamén nos explicou moitas cousas sobre elas e respostou a todas as dúbidas que tiñamos.

 

    Pola tarde foi o momento do magosto. De desfrutar das castañas que nos asaron Tito e Manolo aos que lles queremos agradecer a súa colaboración.

  E como non, tamén tivemos aos nosos ex-alumnos que se animaron a compartir con nós este momento de lecer.

Se quedastes con gañas de ver máis imaxes desta xornada,

podedes velas todas na galería de imaxes.

GALERÍA  DE  IMAXES