SUPERLECTORES!!

    Calquera epoca do ano é boa para fomentar a lectura; e o entroido non ía a ser unha excepción.

    Este ano, o disfraz principal do colexio foi de SUPERLECTORES!!!!!
 
 
   Coas follas dos libros de texto de outras leis educativas, fixemos os cucuruchos base do disfraz. Neste proceso foi importante para nós a colaboración de Dunia, que adicou  o seu tempo a axudarnos a facer todos este cucuruchos.
 
   Para as ás especiais de lectores, os nenos e nenas recrearon portadas de contos clásicos ou coñecidos; pero tamén crearon as portadas dos seus propios libros: piratas, princesas, museos...

 

   Co disfraz feito, chegou o momento de recitar as rimas que os nenos e nenas de 5º e 6º crearon para este día:

 

   E así chegamos ao desfile no que percorremos as rúas da nosa localidade ata chegar ao Concello onde nos obsquiaron a todos cunhas bolsas de chuches. Moitas grazas ao noso concello!!

 
   Para rematar o día:  DISFRAZ LIBRE!!