ENTROIDO

01/02/2016 09:45
05/02/2016 12:41
Europe/Madrid

   Como estes últimos anos, cada día traeremos un elemento diferente, preferiblemente feito ou adornado con materiais de refugallo.

    Este ano estará adicado á gastronomía polo que de luns a xoves irémonos transformando en cociñeiros e cociñeiras e o xoves faremos unha degustación de doces típicos destas datas: filloas, orellas, rosquillas, enchido, flores...

LUNS Delantal ou mandilón
MARTES Delantal ou mandilón + gorro
MÉRCORES Delantal ou mandilón + gorro + manopla
XOVES

Delantal ou mandilón + gorro + manopla + pano de cociña

Degustación de doces típicos destas datas: filloas, orellas, enchido, rosquillas, flores...

   

    O venres disfrazarémonos de SUPERLECTORES facendo fincapé na importacia da LECTURA. O alumnado deberá traer roupa escura e 4 imperdibles.

    Ás 12:00 horas perocrreremos as rúas de Sober e visitaremos a residencia de anciáns.

    Pola tarde, é a hora do disfraz libre. Os nenos e nenas poden seguir disfrazados co disfraz do colexio ou disfrazarse do que eles queiran pero NON con disfraces ou caroutas terroríficas que poidan asustar aos máis cativos.