APRENDENDO A ATAR OS CORDÓNS

    Atar os cordóns é algo moi difícil para os nenos e nenas máis pequenos; por iso na clase de 1º e 2º fixemos unhas zapatillas preciosas para practicar.

     Como uns dos valores que traballamos moito no centro a través do Programa Voz Natura son a reciclaxe e reutilización, para facelos debuxamos as zapatillas empregando como soporte cartóns de caixas que o alumnado trouxo da súa casa:

 

    Unha vez que as zapatillas están feitas, temos que aprender a atalas e para iso empregamos unha poesía que nos facilita a aprendizaxe:

COLLE  OS  DOUS  CORDÓNS

 UNHA  CRUZ  TES  QUE  FORMAR

 PASA  UN  DELES  POLA  COVA

 E  DESPOIS  A  ESTIRAR

 

 AGORA  CON  DOUS  LAZOS

 OUTRA  CRUZ  TES  QUE  FORMAR

 PASA  UN  DELES  POLA  COVA

 E  DESPOIS  A  ESTIRAR.

 

    E tras aprender a retahíla e moito practicar, aquí tedes as zapatillas ben atadiñas:

 

 

 
    Por certo, para atar as zapatillas utilizamos os cordóns que lles repartiron aos nenos na campaña Separemos ben. Reciclaremos mellor; uns cordóns de Mr. Iglú que lles recordan aos nenos a importancia de separar para reciclar.

 

    No seguinte enlace podes acceder á páxina de Mr. Iglú, onde te esperan unha chea de sorpresas e xogos.

  http://www.daledecomeramriglu.com/

  www.daledecomeramriglu.com