ENTROIDO 2015: COIDA A TÚA SAÚDE
Este ano o tema do entroido é COIDA A TÚA SAÚDE.
Por unha banda, adicamos o día grande do entroido a concienciar ao noso alumnado da importancia de comer de forma saudable e por outra banda, pola semana tratamos de fomentar o deporte no noso alumnado.
Por iso, hoxe empezamos traendo unhas cintas deportivas que recollan a suor da nosa fronte.
Ademais, coma sempre; intentamos que esta época de festa tamén nos axude a crear conciencia da importancia de coidar o medio ambiente e así podedes ver como moitas destas cintas están feitas ou adornadas con material de refugallo e obxectos cotidiáns: calcetíns, botóns, restos de papeis, cordóns de zapatillas deportivas...