DÍA DA PAZ - 2015

30/01/2015 12:15
Europe/Madrid

    Este ano adicaremos o Día da Paz a Elmer.

    Non sabedes quen é Elmer?

    Pois Elmer é un elefante creado por polo autor David McKee que en vez de ser de cor gris está feito de retallos de cores.

    Pero aínda que é moi diferente ao resto de elefantes da manda todos o queren moito e lles encanta estar con el.

   Esto é o que nos queremos conmemorar este ano: o respecto a todos aínda que sexamos diferentes; pensemos diferente, sintamos diferente, teñamos diferente corpo...

    Nas seguintes imaxes podedes ver como xa estamos traballando con Elmer e na biblioteca podedes ler os seus libros.