SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR
Como cada ano; recibimos no colexio a campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor" da Consellería de Medio Ambiente en colaboración con Sogama, Ecoembres e os SIG de pilas.
Con esta campaña aprendemos e recordamos cousas moi importantes para o medio ambiente como a regra das 3 R: Reduce, Reutiliza e Recicla; e os residuos que se deben depositar en cada colector:
- COLECTORES AMARELOS: envases de plástico (envoltorios de galletas, iogures, xeles de baño...), metálicos (latas de conserva, botes de bebidas, aerosois...) e briks. Nembargantes hai que ter coidado con residuos que aínda que poderíamos pensar que son deste colector, non o son: xoguetes, cubos ou cepillos de dentes.
- IGLÚS VERDES: estes iglús son os do vidro pero non hai que depositar as tapas nin os vasos que son de cristal, non de vidro.
- COLECTOR AZUL: o colector azul é para o papel e os cartóns pero sempre que non teñan restos de comida, tampouco servilletas nin panos usados xa que estes restos non son aptos para o reciclado.