POSTAIS DE NADAL
O pasado venres, os nenos e nenas do colexio que acudiron á Biblioteca Municipal, recolleron un premio pola súa participación no certame de postais de Nadal.
Estas postais foron elaboradas dentro do programa Voz Natura con materiais de refugallo e reutilización.
As postais de Infantil foron elaboradas con restos de papeis de cores, botes de iogur e plastilina que estaba mesturada. Con estes materiais fixéronse unhas árbores de Nadal nas que os nenos escribiron as súas mensaxes. Por estas postais recibiron un xogo de pezas.
As postais de 1º ciclo foron feitas con botóns que os nenos e nenas trouxeron das súas casas. Como premio levaron un xogo de parchís xigante.
Por último, as postais de dos nenos e nenas de 2º ciclo que foron elaboradas con restos de papeis de cores troquelados en forma de círculo. Con estes círculos fixéronse as árbores de Nadal que adornaban as postais. O seu agasallo foi un puzzle.