25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

     A violencia contra a muller é un feito recoñecido como un problema social. A ONU en 1993 ratificou a Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller, onde se afirma que esta violencia é un atentado moi grave contra as mulleres e as nenas.

   A data do 25 de novembro como Día Internacional contra a violencia de xénero foi aprobada a proposta da República Dominicana en honor das irmáns Mirabal vítimas deste maltrato.

  

     Desde o centro intentamos concienciar aos nosos alumnos e alumnas sobre a importancia deste tema, e para iso intentamos que adquiran coñecementos básicos sobre a igualdade de xénero que se reflictan no seu comportamento.

    Un modo de achegarnos a este tema foi a través da  oca da igualdade do CIM (Centro de Información á Muller), un xogo da oca adaptado a estes contidos co que os nenos  e nenas aprenderon moitas cousas sobre a historia das mulleres, as súas dificultades ao longo de diversas épocas, os seus logros...

A oca da igualdade  A oca da igualdade