QUE COMEMOS?

    Hai moitos tipos de alimentos e cada un achéganos algo que o noso corpo necesita.

    Necesitamos Hidratos de Carbono para ter enerxía. Os hidratos de carbono encóntranse no pan, nas patacas, nos cereais, nas pastas e no azucre.

Hidratos de Carbono

    Necesitamos Proteínas para medrar. As proteínas encóntranse na carne, no peixe, nos embutidos, nos ovos, nas legumes, nos froitos secos e nos lácteos. Ademais os lácteos fortalecen os ósos.

Proteínas

  Necesitamos vitaminas e fibra para estar sans. As vitaminas e a fibra encóntranse nas froitas e nas verduras.

Vitaminas e fibra

ASÍ QUE XA SABEDES... A COMER DE TODO!

BO  PROVEITO!!