DÍA DA BIBLIOTECA
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE SOBER E
BIBLIOTECA DO C.E.I.P. VIRXE DO CARME
Ás 12:15 Na Biblioteca do C.E.I.P. Virxe do Carme, celebraremos o Día da Biblioteca coas seguintes actividades:
- lectura do pregón escrito este ano por Laura Gallego García,
- exposición do cartel feito por El Roto para a conmemoración deste día,
- adaptación do cartel polos nenos e nenas do colexio
- presentación de Lemos, un conxunto de persoas e entidades que teñen como finalidade potenciar á lectura e o uso das bibliotecas na comarca de Lemos e S. Clodio. Está integrado por bibliotecas escolares e municipais e a Asociación de Libreiros de Monforte.
- confección de marcapáxinas e reparto de pegatinas.
Durante toda a tarde, continuará a conmemoración deste día na biblioteca municipal. Os usuarios que se acheguen ata ela, recibirán un agasallo para lembrar esta data do 24 de outubro.