MARCOS DE CD´S

Para aproveitar os CD's que están raiados ou estropeados, queremos facer con eles uns estupendos marcos para fotografías.

    O primeiro paso é pintalos pola parte de atrás:

CD´s pintados

    Despois troquelamos diversas formas en anacos de restos de cartolinas e empezamos a decorar o noso CD:

cartolinas troqueladas  cd adornado

   Cando o CD xa está adornado, colocámoslle un lazo para que se poida colgar:

CD Lucía  CD Trini  CD Paula

   Algúns nenos deciden regalarllo ás súas nais polo Día da Nai, así que engaden unha dedicatoria na parte traseira:

Dedicatorias CD´s

    E xa están listos os nosos marcos para fotos feitos con CD´s:

CD´s rematados    Nenos cos CD´s rematados