PREVENCIÓN DE INCENDIOS

     Desde a Consellería de Medio Rural e do Mar, os técnicos e axentes do Distrito VIII: Terra de Lemos; viñeron de xeito voluntario a falar cos nosos alumnos e alumnas sobre o perigo dos incendios e da importancia de coidar os nosos bosques.

Charla natureza    momento da charla

    Ademais durante a charla os nenos poideron aprender moito sobre as plantas e os animais dos nosos bosques, dalgúns deles, os técnicos da brigada traían uns bonitos bonecos que reproducían as súas cores e os seus sons:

escoitando aos paxaros    escoitando aos paxaros

    Pero mentres estabamos aprendendo tantas cousas, surxiu un problema: chamaron aos axentes forestais pola emisora que tiñan para que fosen rápidamente a apagar un incendio que se producira nos montes de Sober.

Menos mal que o bombeiro viña reparado! Empezou a vestirse adecuadamente: un mono, botas, gorro, mascarilla para respirar, gafas, luvas...todo o necesario para apagar un incendio sen peligro!!

bombeiro preparándose    bombeiro preparándose    bombeiro preparándose

Cando saíu para subirse ao camión, resultou que todo fora unha confusión e que non había tal incendio. Así que os bombeiros non tiñan presa por marchar e os nenos e nenas puideron vesirse como eles, subirse ao camión e tocala serea, falar pola emisora e tamén facer practicas coa mangueira.

Jorge   Mara   Laura R.

falando pola emisora   prácticas coa mangueira

Para rematar, os membros desta brigada repartíronnos uns piñeiros negros de montaña para que plantaramos nas nosas casas axudando así a protexer a natureza.

repartindo piñeiros    repartindo piñeiros

Se queres ver tódalas fotos desta actividade pincha aquí.