ENTROIDO 2013: EXIPCIOS

    Chegou o día grande do entroido no colexio, día para o que levamos traballando moito tempo.

    O primeiro que fixemos foron os nosos traxes reutilizando moitos materiais:

- Con bolsas de plástico brancas fixemos as túnicas e con bolsas de plástico negras recortadas en tiras fixemos unhas fermosas perrucas

Nenas coas perrucas exipcias  Nenas coas perrucas exipcias

- Con anacos de cartolinas recortadas con forma de círculo facemos as pedras preciosas coas que adornar os nosos traxes: esmeraldas, zafiros, rubís...

rubís  esmeraldas

     Para ambientar o noso desfile tamén fixemos unha pirámide; para iso organizamos unha campaña de recollida de briks de leite que os nenos e nenas trouxeron das súas casas. A unha base de cartón, unímoslle uns tubos redondos que utilizamos como asas para o transporte e sobre o cartón fomos pegando os briks para facer a pirámide. Despois pintámola de dourado para ter a pirámide máis fermosa de todo Exipto:

materiais para a mirámide  Facendo a pirámide  pirámide

    Ao final, parecemos exipcios de verdade:

Exipcios de Infantil

Exipcios de 1º ciclo

Exipcios de 2º ciclo

Exipcios de 3º ciclo

Antes de saír bailamos para os pais e nais que se achegaron ata o colexio para acompañarnos a danza "Walk like an egyptian" (The Bangles). A continuación, desde o colexio fomos desfilando ata a praza do concello onde voltamos a bailar a danza e o concello obsequiou a cada neno cunha bolsa de chuches.

bailando

Á hora de voltar tiñamos previsto visitar a Residencia de Anciáns; pero empezou a chover... por iso, os nenos de Ed. Infantil tiveron que marchar directamente para o colexio

E despois de tan larga mañá nada mellor que un bo cocido preparado pola nosa cociñeira para recuperar forzas.

comendo cocido

reseña periodística

IMAXES  DO  DESFILE