DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS (20/05/2024)

    Desde 1977, o 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos (DIM) para concienciar sobre o feito de que os museos son un importante medio para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas e o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e da paz entre os pobos.

    Nós quixemos converter o colexio nun gran museo e para iso convertemos os corredores principais en galerías con afamadas obras pictóricas que os alumnos e alumnas de primaria reproduciron. Ademais o propio alumnado foi o encargado de realizar unha visita guiada polas súas obras.

 

  Comezamos a visita na galería de Infantil A, estas crianzas pequeniñas reproduciron "O grito" de Munch, "Noite estrelada" de Van Gogh e "Estudio da cor. Cadrados con círculos concéntricos" de Kandinsky.

  Ademais explicáronos moitísimas cousas e curiosidades sobre estas obras.

   Na exposición correspondente á aula de Infantil B, achegámonos ao puntillismo, que é unha técnica artística que consiste en facer unha obra mediante pequenos puntos, como ben nos explicaron os alumnos desta aula.

 

    Subimos as escaleiras e atopámonos coa exposición de 1º e 2º de Primaria dedicada a Kandinsky que foi un pintor ruso considerado como un dos fundadores do abstracto. Estes alumos presentáronnos dúas obras "Several circles" e "Árbore da vida"

 
 

   Continuando o percorrido chegamos ao espazo de 3º e 4º de Primaria. Eles reproduciron varias cadros do pintor catalán J. Miró, un pintor ao que lle gustaba pintar animais; sobre todo os ollos dos animais por iso hai tantos nas súas obras. 

    Primeiro observamos "O xardín"

 
 

  E despois "Muller con bonito sombreiro e estrela" e "Amencer"

 

 

 

   Para rematar, achegámonos ao recuncho de 5º e 6º de Primaria que estiveron reproducindo arte aborixe australiano e cadros de orixe xaponés.

 

 

 

 

 Así, despois de aprender moitísimas cousas sobre a pintura e os museos,  finalizou a nosa visita ao Museo do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme!!

Feliz Día dos Museos!!