LA JOYA INTERIOR (19/05/2024)
Cremos que nesta sociedade na que vivimos, cada vez é máis importante traballar a autoestima dos rapaces e das rapazas. Con esta finalidade estivemos traballando co libro La joya interior de Anna Llenas.
Este libro fala de cada un de nós centrándose no eu, aínda que tamén explica a importancia dos demais á hora de descubrir a nosa xoia interior, de valorarnos e sentirnos queridos porque é moi importante querernos tal como somos.
Con esta finalidade deberiamos ser conscientes das nosas emocións, ser capaces de falar delas, darlles a importancia que teñen; e tamén ser conscientes das nosas capacidades e dos aspectos que poderiamos mellorar.
A idea principal é que de pequenos todos nacemos cunha xoia interior que é a nosa esencia pero que é necesario coidala e protexela para non perdela polo camiño cara a idade adulta nin por nós mesmos nin polo que nos poidan dicir aqueles que nos rodean.
Para que o alumnado de 6º de Primaria non perda a súa esencia, quixemos facer as nosas propias xoias con arxila e decoralas para que nos lembren a nosa xoia interior.