A AVENTURA DE ILUSTRAR (03/05/2024)
Esta semana recibimos no centro a exposición "A aventura de ilustrar", unha exposición sobre cómic do debuxante Primitivo Marcos.
Esta proposta da Deputación de Lugo inclúe a exposición dos cadros orixinais do último traballo deste autor que é unha adaptación a cómic da novela "O paso do Noroeste", de Xavier Queipo.
A través destes cadros e de varios carteis explicativos, aprendemos cales son as etapas creativas do proceso de ilustración desde os primeiros bosquexos que recollen a idea inicial ata o final co debuxo xa rematado.
Esta exposición completouse coa visita ao centro de Primitivo quen lle explicou ao noso alumnado de 5º e 6º de Primaria este procedemento paso a paso.
Para rematar, o autor dedicounos o exemplar do seu libro que temos na biblioteca.
Esperamos que con esta actividade o noso alumnado aprendera a valorar todo o traballo que implica a creación dun cómic e a partir de agora teña unha visión máis crítica das ilustracións que acompañan aos textos que len.