RECIBINDO Á PRIMAVERA (3/4/2024)
Coa chegada da Primavera as crianzas de Ed. Infantil prepararon varias actividades nas que combinaron diversión e aprendizaxe.
Xogaron libremente nas bandexas con diferentes materiais como millo, garabanzos, tapóns, area...
Tamén reproduciron un arco da vella con pintura de dedos
E levaron a cabo unhas actividades con flores naturais
Logo descubriron que machacando algunhas destas flores podían pintar.
Así de bonita quedou a súa fermosa obra de arte!