SEPAREMOS BEN. RECICLAREMOS MELLOR.

     Baixo o lema Separemos ben, reciclaremos mellor a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e ECOEMBES puxo en marcha unha campaña dirixida a sensibilizar sobre a importancia de correcta xestión de residuos urbanos; sobre todo informando do material que debe depositarse en cada colector.

     Para participar nesta campaña os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo, achegáronse a carpa instalada na praza do Concello na que se lles informou das distintas formas de reciclaxe e das actividades que poden poñer en marcha cada día para actuar dunha forma máis repetuosa co medio ambiente.

     Algúns dos consellos que lles deron foron os seguintes:

- COLECTORES AMARELOS: envases de plástico (envoltorios de galletas, iogures, xeles de baño...), metálicos (latas de conserva, botes de bebidas, aerosois...) e briks. Nembargantes hai que ter coidado con residuos que aínda que poderíamos pensar que son deste colector, non o son: xoguetes, cubos ou cepillos de dentes.

- IGLÚS VERDES: estes iglús son os do vidro pero non hai que depositar as tapas nin os vasos que son de cristal, non de vidro.

- COLECTOR AZUL: o colector azul é para o papel e os cartóns pero sempre que non teñan restos de comida, tampouco servilletas nin panos usados xa que estes restos non son aptos para o reciclado.

Campaña Recicla ben  Campaña Recicla ben

Campaña Recicla ben  Campaña Recicla ben