PROGRAMANDO PARA APRENDER - FORMACIÓN B. CREATIVA (16-01-2024)

     Pertencer ao PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), permítenos seguir participando no ProxectoBIBLIOTECA CREATIVA e esta participación permítenos contar con formación no centro para o noso alumnado.

   Este ano Almu Alonso e Elena C. Insua, especialistas en tecnoloxía esucativa, foron as encargadas de desenvolver o obradoiro Programando para aprender: iniciación á programación por Bloques en contexto.

 

   Con este obradoiro prentendíase que o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria descubrise e explorase as posibilidades da programación enfrontándose a diferentes retos.

  O primeiro consistiu en facer "aparecer" os aros dos xogos olímpicos no encerado dixital sendo capaces de conectar circuítos.

 

  A continuación tiveron que facer pequenas programacións con scratch para conseguir que o seu sprite (gato, rato, animal mariño...) superase algunhas probas olímpicas: 100 m lisos, 400 m...

 

     A seguinte proba consistía en elaborar un mural interactivo para o que debían facer en scratch a programación correcta coa placa makey - makey e conectala co mural feito con plastilina, papel de aluminio...

    Aínda que os resultados non foron tan bos como esperabamos xa que non nos deu tempo de rematar o traballo, algúns murais xa empezaban a funcionar.

 

 

  A segunda parte do obradoiro centrouse nos ESCORNABOTS; sobre todo, en intentar arranxar os escornabots que non funcionaban ben.

 
 

    Unha mañá moi productiva coa que nos quedou moi claro que aínda temos moito que aprender!

GALERÍA  DE  IMAXES